Nos meus discos duros hai moitas gravacións en estado de hibernación: cousas que fun rexistrando por aquí e por acolá nestes últimos anos e que non cheguei a utilizar en ningún proxecto, ou que desbotei por non ser quen de avanzar na idea da que partía, ou…
E un día calquera, un día tan azul ou tan gris coma calquera outro día calquera, aparece no taboleiro un elemento que lle dá vida a ese material: unha canción, por exemplo, coma no caso do vídeo de hoxe.
[Porque xa é xaneiro. Xa. Xaneiro xa]





Alédame que recuperaras imaxes, que encontraras o xeito de compoñelas.
Gustáronme esas superposicións de imaxes (o solpor, o ollo)
E que contraste as plácidas imaxes do inicio coas turbulentas, grises e frías do final!. [Porque xa é xaneiro. Xa. Xaneiro xa.]
¿E a canción da que falas é a que sirve de música para o vídeo?
Xaneiro empeza fermoso no teu blogo.
Hai un mar bravo e vermello, pero o barquiño vai chegar a porto sen novidade.
o mar… xaneiro… o mar…
Unha aperta de xaneiro.
emocionoume este vídeo, aínda non sei ben por que…. Gustaríame que me dixeras onde podo atopar a música, que a quero levar no meu carrinho chof-chof
Mareeime indo no barco, sobrevoando coa gaivota… Qué realismo!
Mañá, se nada se interpón, publicarei un pequeno titorial para que calquera descargue sen esforzo o audio dos vídeos do YouTube.