Estes do EtiColmeiro están que non paran. Acaban de poñer en marcha un concurso, o Videoghit, e pedíronme unha colaboración para animar o cotarro [Fóra de concurso, eh, que o protagonismo hai que darllo a quen hai que darllo…].
Pois aí vai.
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]

Estes do EtiColmeiro están que non paran. Acaban de poñer en marcha un concurso, o Videoghit, e pedíronme unha colaboración para animar o cotarro [Fóra de concurso, eh, que o protagonismo hai que darllo a quen hai que darllo…].
Pois aí vai.

| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Pero que ben cantamos,non saben de nós…
Bonito traballo
Que video máis chulo!
pégame gana de aprender, se non fose porque son preguiceira [nin teño cartos para ter un equipo, je]
pero a través de tí estou aprendendo a valorar o traballiño e o talento que hai detrás destas tomas, destas montaxes.
Así que, [sempre dende a falta de coñecemento, eh] vouche dar a miña opinión dos detalliños que mais me gustaron, que foron esas superposicións de esceas,transparentando unhas ás outras, que non sei como se lle chamará a iso;
No minuto 1.30, [cando rematan as voces] e as imaxes maila música se complementan tan ben, tan ben, encantoume… concretamente no minuto 1.50 hai unha toma que comenza cunha bicicleta e vaise desplazando pola rua ata chegar a outra rúa onde hai dous homes falando, e entreles outra bicicleta!. Esa toma gustoume moito, e posta aí no lugar que está.
Hai un bo anaco de vídeo cheo de detalliños.
Pero o mellor é que da gusto vervos a tí mais a teu irmao tan animados cantando [e túa nai], que se vos ve tan felices…
Ostras, paseime de longo!
Que divertido vos quedou o vídeo! Non paro de tararear a canción, pero con cauteeeela, que estou no choio
… e o gaiteiro, un puntazooo!!!
Un bo artista e uns bos cantareiros-as. Felicidades a todos-as.
Unha mención especial para o toque d color rosa da “moreniña” e o pandereteiro que non sabía eu a súa aficción pola pandereta (ahora xa sei en caso de necesitar pandereteiro a que temos que chamar).
Bicos para todos e a grabar o 2º disco
Xa me mete cobiza aprender a traballar coas imaxes. Claro que con tan bos actores e actrices é máis doado, va que si?
Éche dun gusto exquisito. Nuncatalvin!!!!
Chamáchesme moreniña á vista de tanta xente…
e agora vaime quedare moreniña para sempre…!!!!!!
bicos rosa
O videoghit saíu divertido e seguro que cumple os obxectivos propostos, a que si? Moi boas tomas as de Santiago!! E soubeches fichar un xeitoso elenco de cantantes, (salvo excepciónssss;) Coma sempre, Esther, o gaiteiro Uxío e vostede mesmo, señor pandareteiro de Cachóns, que brío e canta alegría!
Apertas a todos/as; en especial a Iván e ao novo Cantabarato…
Sempre sorprendéndonos!!!
“Eu chorei chorei o domingo á tarde…
Que veña Lourenzo
que digha a verdade
que digha a verdade pero con cautela…”
E de onde saíu o crego con sótana e tella? Iso xa non se ve. O fondo de arquivo do Falabarato é impresionante. Un verdadeiro caixón de sastre.
Non vos metades coa “moreniña” que é unha rapaza moi xeitosa e de bo ver. E unha das mellores persoas que atopei ó longo do camiño.Un diamante cun brillo supeior a calquera, non é comparable.