Corría o ano 2001 e eu acababa de instalar a ADSL. Apenas pasara un mes diso cando me chegou ao correo un vídeo que me deixou apampado. Era un traballo do grupo de teatro Berrobambán que se titulaba Eu coma Bugui, e disque foi o primeiro vídeo galego en descargarse de internet, e que en tan só nun mes acadou máis de mil descargas.
O asunto do que trataba o vídeo era tan vello como o mundo: a loita polo poder. Os protagonistas desta historia tan shakesperiano/compostelá eran Encarna Otero, soberbiamente caracterizada, e o alcalde Bugallo, co telón de fondo do derrubamento dun local okupado coñecido como Casa Encantada.
Perdín aquel vídeo e intentei ben veces descargalo, pero sen éxito. Estes días volvino intentar e atopeino, así que lle fixen uns axustes de urxencia e subino ao Vimeo, que non quixera que se volvese perder. A calidade do visionado non é boa [e que lle imos facer?], pero o traballo de Berrobambán segue a parecerme tan espléndido coma hai dez anos.
Para ver o vídeo, preme na foto.





Ala! Outro achado dos teus! Vaia ritmo que levas, eh! Si que é difícil seguirte…
Un pracerrr, Falabarato.
A tirar muros e a bailaaar
si señor
bugui, bugui…
Rinme moito, e iso que eu non estou “no allo”.
que saibas que me gusta a etiqueta esa o ano da pera… querería tela eu para min, lástima non se me ocorrira antes ca tí 😦
Que mala leche coa Encarna Otero. Neses anos estudaba eu en Santiago e é verdade que facían moita mofa dela polo seu “pijerío” (que non sei como se di eso en galego…
Está moi ben o título tendo en conta que é un documento informático case incunable: os pre-cursores.
A súa calidade non será boa, segundo o experto Falabarato, pero eu vino varias veces e aínda non me decatei…Éche boa verdade esa sentenza que di que a beleza está nos ollos do que mira.
O Chiqui Pereira está impresionante. De Encarna ata os andares…
Noraboa unha vez máis e sempre.
Impresionante. Haillo que facer chegar ás Baccara. Eu comprométome a buscar un correo electrónico.
Moi boa idea subir os inicios desta toleada actual.