>>
Á noite, cando deixei o libro, quedei envolta na súa atmosfera.
E que… [sabes?] terminei lendo coma se fose eu quen escribira, poñéndome na súa pel…
[dentro do que é posible facer iso con alguén de quen non sabes nada, a excepción de saber que sabe que vai morrer;
que a súa relación amorosa estaba rota:
de boa te libraches!
Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.[…] e a súa vida segue o seu camiño,
indiferente,
allea á miña morte,
á miña vida,
Contrapoñendo á vida del:
E aquí estou eu
con ela dentro sempre
insomne
e irredenta
como única compaña unha vez máis;
a enfermidade
E isto, non é un berro?
Déixate devorar por quen te escolla
agora que es unha luz evadida
da escuridade que te tiña capturado.
Déixate devorar
e impide feramente
que te volva habitar e te contaxie
a túa latente sombra irrevocable





“…unha estraña sensación de orfandade…”
Se houbese algunha menciña eficaz contra esa doenza, os boticarios forraríanse!!!
Hoxe, dúas apertas: unha para o/a autor/a do correo-e e outra para ti.
[Unha aperta non cura, pero podería axudar…]
Que difícil é seguirte, Xosé, onte estabas co churrasco e hoxe xa tan “unidireccional, si, pero imposible”…
Aptera, concordo contigo na dificultade de seguir a Xosé.
Nadie se da conta cando un morre un pouco, que é como se morrre cando se morre por dentro e por fora se sigue vivindo como si non ocurrira nada.Cantos aparentementes” hai e cantos temos esa sensación de orfandade…
Onte, despois de ler o teu post, mergullei un pouco na rede e tropecei coa declaración institucional da RAG na que se xustifica o acordo de dedicarlle o Día das Letras 2011 a Pereiro. Mete meto como escriben os académicos:
“Cartografou coma mingúen o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario.”
Viña agora no coche dun compañeiro e linlle o pintoresco texto da RAG. O compañeiro escachou a rir e dixo: “E logo, como explicas que esa ‘sensibilidade emerxente’ estea ao mesmo tempo ‘mergullada no posmodernismo’?”
Eu pensaba aquelo que lle oín un día a Paco Lareo, o da Solaina de Piloño: “O que escribiu esto saberá o que quixo dicir…”.
Visto o comentario anterior, calquera potencial lector ou lectora se botaría para atrás. ¿A quen lle pode apetecer ler a alguén definido así?
[Sobre todo se non tés unha sensibilidade mergullada no posmodernismo e non estás desexosa de atoparte cun discurso acuciante e non retardario…(bueno, a min o do discurso acuciante mólame, que son impaciente)]
Si, eueueu, xa podían baixarse un pouco máis cando falan co “vulgo”. No fondo son uns elitistas.
No fondo e na cima!