Lois Pereiro na voz de Lois Pereiro.
[Pub Moka, A Coruña, febreiro de 1996]
PS/ Se queres gardar este arquivo, ou calquera outra cousa que soe no teu ordenador, podes probar as virtudes do programa Audacity. Aquí vai un titorial sinxelo. Pero, neste caso, a descarga deste audio é ben doada: de momento está dispoñible en Megaupload [ligazón].





Vaia xoia que atopaches!. Escoitaba mentres andaba facendo cousiñas e, cando me decataba xa parara de traballar, o oído atento, a vista perdida no gris lonxano a través da ventá.
Escoitar algúns dos poemas que eu tanto repasara na súa propia voz foi algo que non tiña imaxinado: un agasallo que me chegou a través de tí.
Escoitar o respirar de lois, entre verso e verso recitados con non moitas forzas. Pódese escoitar ata unha risiña irónica, cun aceno triste.
E algo moi íntimo:
cómo e-n-v-í-a o cuspe.
E despois, citas, moitas citas, nomes escoitados por min antes pero sin contido asociado, [outra constatación máis da miña pouca cultura], pregúntome que cona andiven facendo tantos dias!, citándoo a él “vaise un fatigando de que a vida sexa tan breve, pero os días teñan tantas horas”
[tantas perdidas]
E das citas ésa de Martin Walser,
Catro son as artes:
1. música
2. poesía
3. pintura
e a orixe e culminación de todas elas:
4. a dor
E vai Lois e mete estes versos seus:
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
E que dis da música que elixiu. porque elixiría él ¿non si?
En resumo: gracias por ofrecer.
[que sorte estou tendo, de poder compartir contigo a Lois Pereiro]
Ups!
Paseime. Que abuso do teu blog.
Unha fermosa entrada, Zeltia, para un fermoso audio. Nin cansas, nin aburres. Fas uns comentarios moi emotivos ás veces; moi simpáticos, ás veces; moi longos, ás veces; moi curtos, ás veces…Pero interesantes, SEMPRE.
Ti o dixeches xa: unha xoia. Falabarato supérase en cada entrada.
“No fondo, un poema non é algo que se ve, senón a luz que nos permite ver. E o que vemos é a vida.”(Robert Penn Warren)