Veño de revisar unha referencia xornalística de todos os materiais que están saíndo sobre Lois Pereiro, e comprobei que xa está rematado o documental que leva por título Contra a morte, de Alexandre Cancelo e Iago Martínez. Faláronme ben del e agardo poder velo pronto.
Contra a morte o amor que vai comigo é un dos poemas de Lois que máis me impactan [e impáctanme case todos, a verdade]. Aproveitando ese texto e outros tres quixen deixar, tamén, a miña homenaxe. A música que serve de fondo á lectura é de Gustavo Santaolalla.





“[e impáctanme case todos, a verdade]”
Si, esa é a expresión que resume tamén a miña impresión despois de ler algúns dos poemas de Lois Pereiro, de escoitar o audio que aquí nos trouxeches e de afondar un pouco máis na historia da súa sufrida, fatigada, resignada e curta vida. Impactante!
Unha aperta.
Impactánte e impresionante… cen x cen.
Quén dixo que non se podia flotar ??
fermosa voz e maravilloso ” fio musical ”
Bicaso.
Os versos de L. Pereiro van moi ben envolveitiños na música de Santaolalla e na túa voz ora potente, ora acariciadora… pero señor Falabarato non lle escoitou vostede a Lois Pereiro falar do seu convencimento de que os poemas deben ser lidos, non escoitados?
[Claro que, pensandoo ben, tí les!, somos nós as que escoitamos!] 😉
Lois Pereiro, o poeta da vida, do amor, da morte… e da vida! O poeta da verdade!!
Moi acertada a música, e a túa voz, Falabarato, como arrola!
Leva razón Zeltia: o propio Pereiro di que os poemas son para ser lidos, non escoitados. Pero unha cousa non quita a outra, digo eu, e por iso me animei a porlles voz a eses catro textos.
Onte pola noite conversei por teléfono cunha persoa que acababa de escoitar os poemas. “Mentres soaba a túa voz, eu movía os beizos ao compás; dinme conta de que sabía algún deses textos de memoria”, dixo. “Ía lendo mentalmente o que ti recitabas”, engadiu. A ver se vai ser que as fronteiras entre ler e escoitar non son tan precisas como pensabamos…
Gústanme as pequenas homenaxes. Súmome. Grazas, Xosé de Cachóns 😉
Fermoso poema, poema de premonición, de espera funesta. A súa dona, que sentiría? Que se sabe dela? Eu teño entendido que é unha xornalista da TVG.
Se alguén aporta datos, poderemos seguir a afondar na súa vida, nos seus porqués e nos seus comos, nas súas circunsntancias. O Falabarato meteume o gusanillo.
A destinataria de moitos dos poemas é P. [Piedad Cabo], que traballou (non sei se traballa aínda) na TVG. Recentemente publicouse en Positivas un libro titulado Conversa Ultramarina, que vén sendo a recopilación dunha especie de diarios que Lois lle escribiu a P. cando ela estaba en EEUU facendo un curso.
Hai moitos datos biográficos de Pereiro nun libro de Antón Patiño que leva por título Radiografía do Abismo. Imaxino que, entre todo o aluvión de materiais que están a un paso de publicarse, haberá bastantes achegas de tipo biográfico.
Nunca te escoitara ler ou recitar con tanto sentimento.
Bicos.
Xosé:
Alguén preguntaba pola “musa” de Lois Pereiro. Eu coñecina xa hai anos, cando presentaba o telexornal. Era amiga da desaparecida Bouzón, filla do noso médico familiar, cando aínda tiñan ese complemento “de cabeceira”, e nin existía Ambulatorio nin nada polo estilo. El consultaba no Preguntoiro, máis ou menos por onde estaba Albarrán, aquel comercio popular no que todos os compostelanos da miña xeración (compostelanos e os próximos á vila) nos temos arranxado algunha vez. Imaxino que xa sabes de quen falo, pero casualmente atopei un enlace onde se ve moi ben. A min, dende que a coñezo, lémbrame a Luz Casal. Por certo, de paso podes solazarte lembrando a Barreiro Rivas e a súa natural alegría, jejeje.
Moitos bicos. Cada día me gusta máis o Falabarato.
http://25anos.crtvg.es/tvg25/programa/378
Grazas Mer. Eu tamén coñecín a Piedad naquela época. Fixéchesme lembrar aqueles tempiños da mocedade.
Moi agradable, Falabarato, a túa lectura dos textos de Lois Pereiro.
Só quero dicir dúas cousas:
1- Piedad Cabo vive nestes momentos nos EEUU.
2- A obra de Lois Pereiro é: “Poemas 1981-1991”, “Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995” e “Conversa ultramarina”. Polo que eu sei estes libros foron “editados” polo propio Lois Pereiro.
Qué fermoso poema, dicíalle a Zeltia que non o coñecía e veño a coñecelo coa túa voz. Resulta unha verdadeira delicia. Grazas.