Pedinlle a Aura que me lese algúns fragmentos da Conversa Ultramarina, o diario que escribiu Lois Pereiro na primavera do ano 1995.
Xuntei a lectura de Aura coa música de Nusrat Fateh Ali Khan [Pereiro refírese a el nos diarios] e cunhas imaxes do mar que gravei o sábado pasado mentres respiraba, por fin, un aire limpo.





Un aire limpo, fresco. Renovado.
O sábado fixo unha tarde moi, moi agarimosa e cálida igual ca fermosa voz de Aura.
Quedouche de cine, dúas apertas.
Benvidas sexan as novas voces!
Bicos
Que agasallo escoitar os versos de Lois
[xa é un segredo a voces que estou namorada del]
na agradable voz de Aura
descansando no mar,
descansando no azul.
[A voz de Aura non é estridente nin aguda como a miña]
Hoxe estiven no Hospital e, mentres esperaba nos pasillos, lembrei outras veces que agardei tamén, esperando que morrera alguén, o corazón engurruñado.
As lágrimas non impiden admirar as vistas tan fermosas,
[case é unha burla que tanta belleza se exhiba impúdica ante a dor que encerra o hospital]
E lembrei ó Lois ó que me acheguei tanto, mirando iso mismo, escribindo no hospital:
“Despois de falar con ela sento no vestíbulo, fumo un cigarro e vexo un avión atravesar a Ría, O Burgo, Vilaboa, e tomar terra en Alvedro, e case se sinten as rodas rozar coa pista…”
[Descansa, meu amor. E, ainda que o pediches, ninguén che vai cuspir enriba…]
mar azul
mar gris
mar en calma
mar bravo
mar meu
mar teu
tamén tamén
e do lois
o mar lois o mar
e un home de abrigo gris
en slowmotion
Unha delicia de imaxes, montaxe e música!!! Ese aire limpo, esa atmosfera nítida e como acompañamento as palabras de Lois Pereiro.
Camiñar pola pasarela e pisar a area, un luxo tan saudable e en pleno inverno!
Foi un pracer colaborar con Falabarato.
Apertas.