post

casillas

-A ver, se este PDF pesa 800 kas, cantos libros caberían na tarxeta microSD que mercou Antonio?

tic tac tic tac tic tac tic tac tic tac tic tac

Miran con incredulidade: 10.000 libros nunha cousiña de nada que ten un tamaño equivalente ao dunha unlla?!  Mi madriña!

[Para min é un gozo ver as caras de asombro da xente maior, desas persoas que naceron antes de que nas súas casas houbese luz eléctrica e que agora comparten conmigo a aventura de familiarizarse coa tecnoloxía que dominan os seus netos. Recibo coma un privilexio a compaña deses homes e desas mulleres que manteñen intacta a ilusión por aprender e por experimentar cousas novas. Esas persoas chámanse Benigno, Teresa, Luis, Manuel, José ou Antonio, un entrañable xubilado que acaba de mercar un libro electrónico con máis de mil títulos xa incorporados. A vista está xa algo gastada e os dedos non son tan áxiles coma noutro tempo, pero cada pequeno avance que fai Antonio no manexo dese chirimbolo vai decapando do seu rostro os sinais que foi escribindo o paso do tempo. É entón cando emerxe, radiante, a cariña do neno que leva dentro.]

Mentres estamos afanados botando contas de megas e de gigas, Antonio mírame con esa expresión inxenua tan súa e di:

-Onte soñei que morría Iker Casillas. Como chegaría a min ese soño?

Comments

  1. Avatar de A Contramuleta A Contramuleta says:

    E copiàcheslle os libros? Iso interesa

  2. Que ben te entendo, Falabarato!
    Que sorte tes con eses alumnos e que sorte teñen eles contigo!!!
    [na 1ª lectura lin como título cosillas en vez de casillas… Tamén hacia o final, contos de meigas en vez de contas de megas… Como chegaría a min esa confusión?]
    Apertasss.

  3. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    EStamosche ben todos e todas. Eu lin cousillas, así que nin pa ti nin pa min a perra gorda, Ss. A marxe disto, a entrada é caralluda.

  4. Non sei eu se o pasa mellor o mestre ou os rapaces. En todo caso, gozada de clase !!
    E se andas cunha tarxeta así… tamén será correcto decir: levo unha biblioteca encima ?

    Crucemos os dedos pra que o soño de Antonio non se cumpra, aínda !!!

  5. Sei o que é ver emerxer á superficie a cariña do neno que leva dentro noutros “Antonios”.
    Todo o mundo fala do marabilloso que é traballar con nenos, ver como progresan rapídisimo, a súa facilidade para asimilar coñecementos, a súa axilidade física e mental.
    pero vivir momentos como ese que tí describes cos vellos, debe ser aínda mellor!
    Eu conmóvome máis cos vellos ca cos nenos.
    [será porque teñen menos simpatizantes]

Deixar unha resposta