Atranque de Daniel [Oza, xaneiro de 2008]
Lembro moi ben como foi a gravación deste vídeo…
Xa era case de noite no Piro, o escenario escollido para a gran batalla verbal entre Daniel e Anselmo. O tempo botábase enriba e meu irmán colleume por banda e foime abrindo paso entre a xente ata levarme á beiriña dos regueifeiros. Alí estaba Daniel, en efecto, pero faltaba Anselmo, que a última hora tivo que ser substituído -e con moita soltura, por certo- por Vilariño. Armei a cámara e collín algúns planos. Vilariño indicoume que me centrase en Daniel, que era o verdadeiro protagonista do atranque, e así o fixen durante os case nove minutos de gravación.





Daniel estará sempre no corazón de quen o amamos,
porque Daniel foi un Anxo, tremendamente humano.
Un bico.
Esperamos ese cocido, logo.
Ah vaia, tedes uns carnavales moi animados aí en Oza!
[e polo que vexo con data propia]
Gústoume moito! Qué gran artista o Daniel! mágoa que xa non esté, pero grazas a este vídeo, seguirá vivo na memoria e nos corazóns de todos. Noraboa, a falabarato, por gravar este atranque e compartílo con nós. Grazas.