-Ao meu rapaz nunca nunca lle levou moita idea iso da preparación para a confirmación, pero o último día veu todo cabreado porque o cura seica lles dixo que os gais eran persoas enfermas…
O que me contou esta nai trasladoume a aqueles tempos nos que eu tamén asistía á catequese. Choveu moito desde aquela, choveu a mares, pero aínda me quedan algunhas lembranzas que resistiron intactas o paso dos anos. Vou rescatar unha delas.
A xestión da catequese era cousa do cura da parroquia, pero en ocasións víñannola dar uns frades moi autoritarios que levaban un enorme escapulario colgado do peito. Situaban os mozos a un lado, as mozas ao outro e impoñían un réxime disciplinario moi severo. A súa prédica tiña sempre un tono ultraconservador que non admitía réplica.
Non esquecerei un día no que se ocuparon da teoría da evolución. Empezaron a sinalarnos co dedo e a preguntarnos a cada un de nós ¿Tú madre es una mona? ou ¿Tu padre es un mono?. Nós iamos dicindo que non, claro, pois non estaba o forno para bolos. Ao rematar a rolda de preguntas, o frade expuxo a súa brillante conclusión: ¡Ya veis que eso de que venimos del mono es una gran mentira que debemos combatir!. E asunto rematado: pura lóxica aplicada.





Daquela e de tal xeito que fácil era dar clase! Calquera se atrevía a rechistar!
O lamentable, triste, penoso e vergonzoso xa no é só que o sector eclesiástico non crea na teoría da evolución, o peor é (na miña opinión) que eles siguen sen querer evolucionar. E así lles vai. Penitenciagite!
Pois se os gais son xente enferma, terán que facer un chequeo a fondo dentro da curia, non?
E que é máis “bonito” crer que somos seres únicos e superiores ![xd onde vai parar].
Para min a catequeses de antes [frades aparte] foi o que para os nenos de agora as actividades extraescolares.
Era o que había… e a pesar da metereoloxía gardo fermosas lembranssas. Aprendías: arte floral, canto, evolucionavas de alumno a catequista, levábannos de excursión, poesía, teatro… e despois merendola de festa!!. Un chiste pos nenos de agora que por fortuna teñen outras opcións e oportunidades.
Daquela era así e así foi, quizais eu non souben profundar ben no tema e so collín a parte boa. Mellor pa min, si.
[ eso si os- padresfradesmisioneros- éranche ben feos; non tiñan sorriso ].
Bico.
Qeu sorte tivo a comentarista anterior. Na catequese nósa o cura castigábanos se non repetiamos ben ó pé da letra unha perorata que non comprendiamos en absoluto.
(Cando repetía que estaba sentado a la derecha del padre, nin sequera sabía cal era a dereita)
O padre era un triángulo cun ollo no medio,
o fillo un fulano cravado nunha cruz
e o espíritu santo unha paloma.
E eu coma o chiste: el mundo el diablo y la carne. (la carne? , cal a freba ou o touciño?)
Era ben pèquena e case non lembro máis que aqueles misais con culebras que lle entraban ata pola boca ós que tiñan a desgraza de ir ó inferno por ter pecado (comendo carne ou dicindo o nome de dios en vano, que a saber onde quedaba o vano ese!)
As túas lembranzas, Xosé, son do máis selecto.