[Grazas pola achega, Merchiña]
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]


| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Tampouco nos poñamos tan estupendos, Xosé: Unha sinxela curiosidade.
Ben o sei, dona Zeltia…
[xa o tomaba eu coma un ataque a nós, os sempre denostados cascarilleiros!] 😉
Denostados cascarilleiros? perdón, señora, os denostados polos coruñeses sempre somos os composteláns. Non mo tome a mal.
Antes de que entren en guerra composteláns e coruñeses, pido permiso para deixar unha notiña da Galipedia que nos ilustra sobre a orixe do xentilicio cascarilleiro/a:
Na cidade da Coruña, a comezos do pasado século comezou a tirarse proveito da lámina fina que recobre o cacao, denominada cascarilla. Facíase uso dela para o almorzo, pois era máis barata ca o café e o chocolate (..) Habíaa a varrer, pois o coruñés era un porto no que se recibía moito cacao, dada a existencia dun gran número de fábricas de chocolate.
Caravaggio, tes que ver unha peli que chaman “o negociador” que tes dotes 😉
pois xa postos… poderías buscar tamén a orixe de picheleiro ou picholeiro [que das dúas formas sentín chamarlle ós composteláns?]
O de onde vén cascarilleiro eu sabíao, e de verdade que eu mesma adopto ese xentilicio cando falo de min. [ainda que eu, ser, son de ssssssilleda]
Dos picheleiros tamén fala a Wikipedia, dona Zeltia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Picheleiro
grazas pola búsqueda. [esquecerame en dous dias, pero non importa; están moi desprezadas as experiencias inmediatas, fugaces e esquecíbels e non son por iso menos disfrutadas.]
Hoxe levanteime fonda, vaia polos cravos de Xto!
Vós si que vos mostrades hiperlocalistas, eh, dona Zeltia e señor Caravaggio! Hahaha! Que falo en broma… Se ao final, polo que se ve, coruñeses e composteláns estades moi orgullosos dos vosos xentilicios.
[Haya paz, señores y señoras!!]
Agora en serio: unha curiosa achega, “cosmopaletismo”, moi ocurente!
E falando de picheleiros, como esquecer aquí a Lolo Pinaque, insigne compostelán que traballaba o estaño nun pequeno taller sito na renomeada Praza das Praterías, praza enxebre e nada glamurosa ata que despuntou no 93 cando o Ano Santo pasou a chamarse Xacobeo… Pinaque era toda unha institución. As mulleres compostelás (e as da bisbarra) que pasan dos 60 lémbrano remedando as potas vellas, cando tirar algo era impensable. Pinaque era un tipo ben peculiar: tiña unha curiosa dislexia que o levaba a falar de Lemos de Monforte, por exemplo. Certa tarde tivo que auxiliar a unha atropelada na Porta do Camiño. Cando a levaron para o hospital, a xente preguntáballe que pasara, se era moza ou vella…”Sólo te puedo decir que tendría entre 30 y 70 años” contestaba cheo de razón. A fin de semana vivía para o seu adourado Celtiña, ó que acompañaba coa pancarta: “Ala” Celta!! (sic)
Todo un personaxe que case tiña esquecido. Graciñas á tertulia do Falabarto que mo lembrou.
Quen pode esquecer a Lolo!!!
Señor Falabarato, vostede é moi novo para lembrar ó ínclito Lolo!!