post

estaZións

Comments

  1. Avatar de Eliseu Mera eliseumera says:

    Volve o poeta do movemento.

  2. “entre estaZións”…
    Canto di!!!
    Gústame!!!!!

  3. emoZión

  4. Avatar de Harmony Harmony says:

    …e de novo Arab Strap, un acerto sempre!!

  5. Avatar de Descoñecido Áptera says:

    O poeta do movemento? Si, gústame…

  6. As estacións de tren están vivas. Ata as abandonadas o están. Quédanlle os ecos das voces dos viaxeiros, dos pasos apresurados. Os sorrisos de benvida, a impaciencia das esperas; as taquicardias dos recibimentos, as bradicardias das despedidas; as bágoas dos adeuses, o baldeiro das ausencias. Teñen ocos latexantes dos encontros inesperados. Quedalles o pouso das miradas perdidas; os reflexos nos cristais dos vagóns. O ferro durmindo nas travesas de madeira. O vento frío movendo os letreiros. A lentitude, a lonxanía. As siluetas debuxadas nas ventanillas dos trens, perdéndose na noite.

  7. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Un precioso vídeo. Que imaxe tan romántica ver unha estación e un tren que se alonxa……

  8. Desde que empecei a ver os teus vídeos veño comprobando que lle dás moita importancia á elección das bandas sonoras e, ata onde eu podo entender, aos textos das cancións que usas. Moito curro hai aí

  9. Avatar de Eliseu Mera eliseumera says:

    E non fixeches un vídeo co Entroido que viches o outro día en Arteixo? Iso si que tería que pagar a pena.

  10. Avatar de Andrea Andrea says:

    Fermosa metáfora da viaxe polo tempo que é a vida. Estacións de saída e chegada,estaciós de paso. Trens que collemos e dos que baixamos, trens que deixamos pasar.Eses vellos que pasean, diríase que interminablemente, pola última estación. O movemento e a quietude. O paso do tempo sobre as cousas e sobre nós. E as flores que, a pesar de todo, medran nun deserto de pedras.

  11. Danme ganas de coiar-pegar o comentario de Andrea, o cal subscribo totalmente. Que ben expresou!

  12. Avatar de Beato Darzádegos Beato Darzádegos says:

    Bos días amicus:

    ….Me gusta ese “TREN de VIDA”…..

    Deica logo.

  13. O tren tráenos a todos os da miña quinta lembranzas de infancia. O tren levábanos un domingo de verán á praia. Nel iamos nas longas vacacións de verán, billete ida e volta, ata Vilagarcía, só pola tarde. O dia completo era para o domingo. A viaxe era longa, tiñamos présa por chegar. Á volta, era demasiado curta, porque a viaxe de volta era para saborear a paisaxe, o chucuchú do tren…..
    Tempos!!!

Deixar unha resposta