post

23f en cachóns

Ese día eu estaba atando a viña e túa nai facía filloas no quinteiro, que era tempo delas. Levaba comigo o transistor, xa sabes, e empezaron con aquela barullada toda e cos tiros… Parei de atar e fun falar con túa nai, e inda estivemos un bo anaco pendentes da radio para saber o que estaba pasando. Despois volvín á cortiña para seguir atando.

Comments

  1. O mellor daquel día foron as filloíñas de Ester, sen duda……
    Bico.

  2. Contada así… resulta unha tenra historia… A vida que continúa o seu curso con normalidade…, e que siga!

  3. Avatar de Beato Darzádegos Beato Darzádegos says:

    Bos días amicus:

    Lémbrome daquela tarde. Xa comenzara a noitiña, o redor das sete, mais ou menos. Chegábamos de traballar e aínda non estábamos na onda.Apuraba os bosquexos pra unha obra de teatro, canso de tanto debuxar asomeime po-la cantina e vin un cadro dispar e algo tétrico. A xente falaba dun golpe de estado e que podería levar o puoco camiñado á aínda parba democracia a merda. A dona da cantina choraba, as suas fillas a arroupaban. As expresiós eran de medo, solpresa, descoñecemento…Tomei un KAS de limón, preguntei un pouco po-los feitos, algún trabucaron as parábolas, outros desbarallaban de que tudo podería irse ao carallo.
    Voltei a escena do teatro , abrín uns botes de pintura, limpei unhas brochas e pintei ata as dez da noite sen presa, sen pousa….
    Deica logo.

    • Avatar de Caravaggio Caravaggio says:

      Imos completando a foto da tarde do 23 de febreiro de 1981. Mentres uns gardas civís pegaban tiros no Congreso e os poderosos xogaban a gran partida de xadrez da conspiración a varias bandas, o pai de Falabarato ataba a viña, súa nai dáballe caña ao filloeiro e o Beato Darzádegos pintaba sen présa e sen pausa…

Deixar unha resposta