Onte probei por primeira vez as prestacións dunha cámara fotográfica réflex en modo vídeo.
Foi despois de xantar. Día soleado, temperatura agradable, unha horiña libre por diante: a ocasión propicia para coller a cámara e obter información de primeira man das posibilidades que ese trebello lle pode ofrecer a calquera persoa aficionada á imaxe en movemento. A cámara é unha Canon EOS 60D, que ofrece uns moi respectables 18 Mpx en modo foto e calidade Full-HD (1920 x 1080 píxeles) en vídeo.
A gravación que ofrezo está feita con imaxes recollidas onte en Cachóns e Silleda nas horas propias da sobremesa e da sesta. Sería por iso que escollín unha nana como complemento musical?





Non podo velos!, ningún dos dous!, vale que me corten youtube, pero Vimeo tamén? [Opsss!, dime],
Estou excitadísima, porque non o crerás, pero esa primeira imaxe-portada que permite ver Vimeo levoume aos meus 4 aniños!, non pode ser que esa casa sexa a da Ferreira! ese hórreo, ese hórreo! e a casa de pedra coa grande chimenea que se adiviña… Xosé, mira que teño unha maña´ xa moi tremendamente emotiva -noites alegres mañáns tristes-
Irmá Zeltia, neste caso pode crer que nada é por azar
la virgen!, falabarato.
Hoxe, dende esta mañá que vin a casa [que non parece vivida, senón soñada], non se me foi da cabeza este teu vídeo en todo o día.
Tan pequechiña que era cando vivín alí, naquela casa do horreo vermello, e cantísimas imaxes me veñen á cabeza! : -eu debaixo do horreo, da viña; asustada pola primeira tronada; apañando ramallos de cereixas debaixo da cerdeira; esmagando as uvas no lagar, comendo caldo no colo de miña nai-
[parece un vídeo feito coa túa marabillosa cámara nova, unha sucesión de imaxes onde non soa música, só un triste silencio]
Estiven buscando no meu antigo blog, e encontrei un post que escribín no 2009, cando eu mesma recuperei, asombrada, moitos deses recordos e que tí hoxe, de novo, me lembraches.
[hai noteu vídeo de hoxe algún recanto, ademáis desa casa, que me emociona tamén ver. Grazas, grazas, grazas!!!!]
E a seguirlle sacando partido a esa xoiña de cámara nova que tés,
tomando esas imaxes tan túas, con esa maneira persoal de editar os vídeos…
Aquí, dende logo, tés unha seguidora fiel.
Apetéceme compartir contigo [e cos teus lectores] ese post que menciono máis arriba.
[que menos!, despois de poñerme tan pesadiña e sensiblona hoxe… e copar o número de comentarios do teu post! :-)]
Pois mira que empregaches ben a hora da sesta!!! É un vídeo moi fermoso.
Pois si que vai ben o trebello de marras.
A nana, máis que para dormoir…, para soñar espertos…
Sacaches unhas imaxes con ben boa nitidez!
Que bonito é , a paz que se transmite e impresionante, xunto ca nana e para durmir coma unhos anxiños!
Namorame o movemento das follas, árbores… o orballo, a auga correndo tranquila, a mirada tranquila e serena de Uxío… e algo único. Hasta os gatos son felices, que máis se pode pedir nesta vida, estos momentos son especiais, e temolos na vida a diario, sen gastar nada. Que gran tesouro e a natureza!
Noraboa Xosé, sabes captar os pequenos detalles, e os movementos do que parece que está morto e que na túa mirada e cámara, cobra vida. Gracias por compartir con nós o que ven os teus ollos.