Nimbos é o título dun espléndido libro de Xosé María Díaz Castro co que fun agasallado un 23 de abril de hai uns anos. Tardei en lelo, pero cando o fixen quedei deslumbrado. E agradecido.
O vídeo amañeino esta tarde, sen saber que unha persoíña querida estaba nese momento vivindo o cabodano da morte de seu pai.
Pois para ti vai, aínda que á deshora.
[vimeo 23501604]Tamén en YouTube [aquí]





Exquisito
Non foi a deshora, non. Se é a lembranza, é 9 de maio. Traer o seu recordo de emocións ambigüas ó presente é facer coa memoria un deses primeiros planos teus: a grandeza da herba pequerrechiña.
Agradecida pola dedicatoria. Emocionada.
P.
De que lograches todo un espectáculo non hai duda, pero tamén….. por momentos,
unha pequena sensación de desacougo ( ou, igual mo pareceu só a min ? )
“…. que, coma onte, os poemas sexan o fósforo do lume
que acabe ardendo nas veas, nas calugas,
e no fondo de todo… o meu prado verde
…. en chamas !!! ” O. de souto
Comigo sempre tes bo ollo, H!!
Cal é o segredo?
A pesar da tristeza, a beleza sempre permanece.
Apertas.