Abro a Wikipedia o día de Santa Margarita de Antioquía e leo que Villamartín é un pobo de Santa Eulalia de Oscos [en eonaviego, Santalla d’Ozcos, engade a enciclopedia, sempre xenerosa].
Di moitas máis cousas a Wiki, pero do que no fala [aínda] é da romaría da Virxe das Paleiras. A última edición tivo lugar o sábado pasado, día do Carme. Fixen un documento máis amplo do que agardaba, que che ofrezo en YouTube e en Vimeo.
[vimeo 26660749]




Tiña que ser así de amplo !!!!! como ías privarnos de calquer detalliño milagreiro….
todos moi fermosos.
Que xente tan agradable dá gusto a súa amabilidade, vela e escoitala.
O lugar tamén ten o seu; menudas vistas !!!
Felicidades Mari. Fíxome moitisma gracia a cara que pos, ante “o posible ”
abrazo do santocristo, 🙂
Moitas grazas Xosé, dios cho pague !!!!
[ Por certo, o canciño pequeno, parece unha raposiña………? ]
Non entendo nada de facer vídeos, pero sorpréndeme que se escoite tan ben o que di a xente. Parece que hai moito vento darredor, non?
H, non é nada raro que o “canciño” pequeno che pareza unha raposiña: é unha auténtica raposiña!!!
Con respecto ao tema do son, confírmolle a Áptera que sería moi difícil facer entrevistas co vento que corría polas Paleiras o día da romaría de non ter unha axudiña. Resulta que hai unhas semanas que incorporei ao equipo un micro direccional con pantalla antivento… e furrula!
Para min foi a cuarta visita á romaría das Paleiras, sempre formando parte da nutrida comitiva silledense, e por cuarta vez gocei da hospitalidade daquela xente e da maxia do lugar.
Eu, quero decir que vivín unha experiencia única!E a primeira vez que fun, pero, sentínme moi a gusto e acollida!!! A xente recibiunos con tanto cariño!!!.Casi parecíamos a comitiva dos príncipes de Asturias!.
E que decir do lugar? E un auténtico paraíso, donde se respira paz e tranquilidade. Que ben o pasamos!!! houbo hasta baile, aínda que eu bailo coma un pato mareado, pero… o importante e menear o cu non?
O meu agradecemento sincero, as persoas que me permitiron acompañalos, para os entrevistados, e a toda a xente que nos acolleu tan ben.
E a Xosé, a miña sincera noraboa, por captar unha vez máis detalles espectaculares coma a lonxanía dos prados. Esta e a suma dun bo equipo fotográfico xunto a un profesional.
Curiosísima festa! fonte, virxe, cristo-de-brazos-abertos-na-cima-dos-montes,burato na rocha, lugar recoleto de vistas fermosísimas…
Creo que é a primeira vez que asisto á xestación, nacimento e impulso dun lugar de peregrinación mariano. As anécdotas dos artífices do asunto son moi divertidas… [imaxino o cristo pola carretera da Fonsagrada]. Todo é tan inxénuo e espontáneo que me resulta enternecedor. Simpatízame moito.
E o teu traballo resultou unha reportaxe moi interesante e entrenida, Xosé. Vaia equipo tés! [tanto humano como técnico]