Chegamos á parroquia do Castro cando comezaba a devalar a tarde.
Baixamos primeiro ata a estación de tren que tanto lles impresionou a Dores, a Zeltia e a Juanjo cando viron a homenaxe que lle rendiu Iván.
[e eu ben sei da enorme capacidade que ten Iván para despertar e transmitir emocións …]
Despois fomos á Copa do Castro, que está a un pasiño da vella estación. Subimos amodiño, gozando do paseo, da temperatura, da luz que ía amortecendo, do encontro. Carguei ao lombo a miña vella Canon, que case non uso por culpa das súas dimensións e do engorro das cintas miniDV, e propúxenlle a Dores que buscase un asento cómodo e que nos lese algo. Coloquei a cámara enriba dun trípode que mercara na Coruña nunha fermosa tarde de hai xa uns anos. Calquei no REC. E Dores leu.
Tamén en Vimeo [aquí]





Emocionante.
Auténtico!!
Grazas por compartir.
Esas palabras que treman como un corazón latexante. Así palpita o meu corazón pola fermosura destas imaxes. Gracias, Dores e Xosé.
Xosé, lin, contei, rin emocionada no encontro, nese centro do mundo que é A copa do castro. Arroibada e feliz desta gravación íntima, na que me quedo, sobre todo, coa complicidade da tarde. Sen palabras para o teu traballo de producción, as cancións, o pote, a chave, o libro, a mirada.Sen palabras para Iván, anfitrión inmellorábel!!
Agradecida. Feliz.
tamén estou eu tan agradecida por ter disfrutado desa tarde inesquecíble, a compañía tan grata, a paisaxe recoñecida, os versos de dores envolveitos na maxia que ela transmite [porque ela é unha fada que nos fascina.]
E Xosé soubo traballar as imaxes de maneira que transmite ese fascinio: a la vista está!
grazas a iván e a xosé por me convidar.
Vin o documental dun tirón, a pesar de durar case media hora. Beleza pura. Marabillosa luz do atardecer.
E eu, que non entendo nada de cámaras, coido que esa que ti chamas “vella cámara” aínda está de bo ver, a xulgar polos resultados…
Apertas. Grazas por compartir.
Amén.
Que maravilla!! Encantoume, como le Dores. Noraboa! con esa voz, tan dulce e agarimosa, todo sona diferente.Hai unha gran diferencia, cando o recita unha persoa que sínte e vive cada palabra que vai decindo. E moi relaxante escoitála, da a sensación de ser alguén moi cercana, e que consigue transmitir os sentimentos que ela proba. Magnífico. A súa mirada, ilumínase cando recita.
E o detalle do libro do poema quedou moi ben colgado no árbol. E como si as palabras estuveran esperando a ser liberadas, para poder ser escoitadas polos corazóns máis sensibles.
Parabéns, a todos por este traballo cheo de ilusión.
home pois ler sabemos todos…non?
Por suposto que que todos sabemos ler, mira ti!
Outra cousa moi distinta -e que a ninguén se lle escapa- é recitar tal como o fai Dores Tembrás cos seus propios poemas.
Eu non coñecía a esta poeta. Hai unha tempada, e grazas ao enlace que puxo o Falabarato, visitei o seu blogue e descubrín os seus textos. Descubrina a ela a través dos seus textos. Descubrina e, dalgún xeito que non sei explicar, tamén descubrín cousas miñas que estaban moi ben gardadas.