post

os clásicos do toxo

O día 7 de agosto participei por primeira vez nunha concentración de coches clásicos, que así é como se chaman os autos que teñen un mínimo de 25 anos e que están en perfectas condicións de uso e de presentación. A invitación chegoume, coma tantas outras veces, da man de Manolo Cachafeiro, e no seu SEAT 1430 do ano 72 fomos seguindo a ruta deseñada pola Escudería O Toxo, a entidade que se responsabilizou da organización do evento. Excelente organización, por certo.

Partimos de Lalín a iso das dez da mañá e desde alí fomos visitar o Pazo de Anzuxao, con refrixerio incluído, para poñer rumbo de inmediato ao circuito da Magdalena. A xornada rematou en Vilatuxe a golpe de churrasco e empanada.

Mari de Piloño andaba cerca de alí coa súa coral e achegouse a Vilatuxe tan pronto rematou o seu compromiso musical. O seu obxectivo: entrevistar a algúns dos representantes da Escudería O Toxo. Misión cumprida, Mari.

E tamén en Vimeo, coma case sempre [aquí]

Comments

  1. Avatar de Descoñecido MJosé says:

    Teño a casa chea de motos e coches clásicos,entre eles dous Monza…
    apúntome a próxima concentración.
    Xa me gustaría que estivera chea de coches modernos.
    Bonito repor.
    Bicos os dous.

  2. Avatar de Silledense Silledense says:

    Alguén me dixo que a media mañá do domingo pasado circulaba unha comitiva de coches antigos polo centro de Silleda. Erades vós, claro…
    Bcs

  3. Esta Mari de Piloño é un crack. Hai que contratala xa!

  4. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    polo ven que o fas non te poñas facendo tantas reportaxes
    que ainda che falta un pouqiño que aprender nenaaaaaaaaaaa

  5. Avatar de Descoñecido Anónimo says:

    Dende silleda:
    a primeira parte do video do pazo de anzuxao moi ben
    despois…
    aburridisimo
    chao

  6. Avatar de Silledense Silledense says:

    Pois eu sonvos da opinión de que Mari de Piloño lle dá frescura ás entrevistas que fai. A min divírteme a súa naturalidade, que queredes que vos diga?
    De todos os xeitos, é normal que haxa xente á que non lle guste e aí quedan as opinións, pero queda claro que algunhas delas o que reflexan é un mal rollo persoal que creo que sobra. É a miña opinión.

  7. Avatar de Zeltia Zeltia says:

    mari, mari, mariescojonuda… comomarí nohayninguna!

Deixar unha resposta