post

juana piñeiro, 1847

Juana Piñeiro acaba de librar dunha boa! Vén de estar á morte, pero agora descansa tranquilamente no seu cuarto de arquitecturas imposibles. O pintor ofrécenos a imaxe serea da convalecente, paniño á cabeza e fazulas coloradotas, e a da súa valedora, a virxe Santa Eufemia. Virxe e mártir, para ser exactos.

Este cadro colga das paredes do santuario de Santa Eufemia, en Rivas (Oza). Leva alí toda a vida, apunta miña nai, nacida e criada tamén en Rivas, o mesmo lugar ao que pertenceu a nosa Juana Piñeiro.

[Hai un grupo de veciños e veciñas de Oza que se xuntaron para botar unha man no acondicionamento da capela e dos seus arredores. Entre eles está meu irmán, que trouxo para a casa este cadro coa intención de buscar un remedio que free o deterioro causado pola couza. En poucos días volverá Juana á capela de Santa Eufemia]

Comments

  1. Avatar de Zeltia Zeltia says:

    É certo o das arquitecturas imposibles!, intentei poñer o cadro máis grande para non perder detalle: da colcha, dos azulexos do chan, dos bichos eses da santa eufemia… pero non me agranda nadiña…
    [Xa sabes a fascinación que exercen sobre min os obxectos que perduran no tempo deixando unha testemuña dos seus donos ou os seus creadores]

    Teu irmao é un manitas, eh!

  2. Avatar de Zeltia Zeltia says:

    oiches… xuraría que na foto se che puxo cara de pan! [estás para comerte] ¬¬

  3. Quen lle ía dicir a Juana Piñeiro que ía saír na internet, seguro que lle parecería máis milagre có da súa curación.
    Bicos

  4. E que se sabe de Juana Piñeira? Viviría moitos anos, chegaría ver o cadro posto…?
    Así é todo é ben milagreira esa santa vosa… e pouco pedichona
    😉

  5. Avatar de xdafonte xdafonte says:

    Xa lle preguntei a miña nai por ela, pero non me soubo dicir nada. Imaxino que a única maneira de saber algo de Juana Piñeiro será a través de documentos. A ver se meu irmán me di algo…

    É certo que, a xulgar polo caso de Juana Piñeiro, non parece moi pedichona Santa Eufemia: apraza a túa cita coa da gadaña e confórmase cunha misa cantada. Por se estás valorando pedirlle auxilio, aquí che deixo unha versión PDF da novena de santa Eufemia que se rezará no santuario no mes de setembro.

    • Avatar de Zeltia Zeltia says:

      Estou empezando a comprender o enganche de moita xente ás novenas:
      é un choio!
      Estiven lendo a da vosa santa, ten párrafos dunha coherencia absoluta:

      “Piadosa Abogada del triste, Santa Eufemia. Vana sería mi esperanza si no fuera acompañada de la confianza más recia en que jamás seré por Vos desechado”

      outros dunha sinceridade que enternece:
      “Por aquella caridad que practicasteis, os pido con fervor que me ayudéis a socorrer las miserias ajenas y a practicar la hermosa virtud de la limosna en la medida de mis posibilidades, con el fin de tener siempre propicio al Señor
      en la hora angustiosa de mi necesidad.

      e non lle chamaría eu adular a ensalzar tantas gracias e noblezas que, sin duda, a santa terá… É linda a santa. É diferente da do cuadro en que esta ten só un león á beira súa. [non lin nada o martirio da santa -preguiceira que estou- pero presumo que a botaron aos leóns e amansaron coma ovelliñas en vez de comela. e entón decantaríanse por un medio sin vontade: pau o pedra ou o máis contundente ferro.]

      moitas grazas polo documento. Mira, eu nunca reparo en tesouriños así.

  6. Benquerido Falabarato: hoxe, 15 de agosto, santo da miña nai, veume por ti o mellor agasallo co que a podía festexar: nin máis nin menos que a novena dunha das súas santas favoritas, Eufemia, ” a que ben fala”, segundo a súa etimoloxía grega, boa femia, segundo ese fermoso texto de enlace… O nome Eufemia é o mesmo que Eulalia, só que este está formado con termos latinos. A pobriña foi unha máis dos martirizados por Diocleciano, ese emperador que parece que non tiño outra ocupación que destripar homes e mulleres de fe. Consérvanse os seus ósos nun sarcófago en Croacia.
    Parabéns por esta entrada tan fermosa e tan completa e por esa delicia de cadro. Non che hai explicación como a que entra polos ollos…

  7. Qué chulo! Chamoume moito a atención o paniño a cabeza e as fazulas -colorás- como dín os sevillanos. Señal de que xa volvía a vida de novo. E o pano, sería pra non coller frío e non enfermar de novo, non?
    Estas lendas de santos, a casi toda a xente lle chama a atención, pois e o misterio de se pasaría de verdade ou non. Pero eu creo que e coma o das meigas, “habelas, hainas”, sólo hai que encontralas. Gracias por achegarnos este documental magnífico, os detalles, están collidos moi ben.

  8. Avatar de xdafonte xdafonte says:

    Falei coa miña madriña e tampouco sabe exactamente de que casa procede Juana Piñeiro, pero cre que podería ser a que hoxe ocupa o restaurante O Son do Miño, a poucos metros da capela.

  9. Avatar de Descoñecido Áptera says:

    É unha sorte ter unha santa con tanto potencial. Na capital de Galicia festexamos onte a San Roque, que debe ter un perfil máis baixo, pois ata o señor Conde Roa manifesta que é “unha persoa entrañable” (http://www.20minutos.es/noticia/1134987/0/).

Deixar unha resposta