O docto e venerable profesor preguntoulle ao seu alumnado de bacharelato qué significa austeridade, unha das palabras máis coreadas neste tempo de crise, e recibiu respostas variopintas.
– seguir a negatividade ou a positividade que se dea nun período de tempo.– non realizar cambios, ou non preocuparse polo estado de algo en concreto.– dise da actividade que se centra só nunha produción determinada.– fenómeno consistente en gastar menos do que se precisa.– dise do que está fóra de algo, que non se involucra demasiado.– conformarse co que hai, sen intentar melloralo.– que só dá solucións teóricas, non prácticas.– claridade, que parece razoable.– non gastar nada, gardalo todo.





… Paréceme coma se falases de “a arte da prudencia” …Aínda que un pouco máis apertada…
Breves.
Deica.
o docto e venerable profesor podía matizar máis aínda para axustar a definción ao diccionario:
“política económica que tende a evitar os investimentos e gastos considerados superfluos” (pode que para algúns educación e sanidade sexan “gastos superfluos”)
ou definir a austeridade como “o control severo dos sentidos e as paixóns”, hai aí un matiz de “severidade” que non mola.
Xa me gustaría a min ver o que respondían os politicos a esta cuestión. Seguro que daba para unhas risas.
Non teñen desperdicio!
Os que máis me gustan son os que intentan aclaralo, jeje. Non gastar nada, gardalo todo. Ou o que di, non realizar cambios, ou non preocuparse polo estado de algo en concreto… é moi bo,lémbrame aquel “aprovechando que el Pisuerga pasa por Valladolid” yo lo cuelo y si cuela, cuela.
Ben traído!!!
Docto profesor e venerables alumnos!
Penso que algunhas das respostas son dignas de seren estudadas… en profundidade.
E ata pode que, algúns deses pupilos, fagan carreira no mundo da política, quen sabe…
Releo e fago cábalas: os autores da 1ª e 5ª respectivamente, chegarán a ministros!!
“Variopintas” é un adxectivo moi acertado, docto e venerable Falabarato;-)
Logo a 8ª chegará a presidente…
Ai, como me gusta dar solucións teóricas! a práctica é outra cousa!
E logho non? Todos a hora de falar, falamos moi ben.
Non son os estoicos os que se conforman co que hai sen querer melloralo?