A. Auga. Aire. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore xunta á Árbore, e a alegría do espazo circundante. A alma é o Atlántico e é o cantil o corpo da súa chamada Atroz. Lois Pereiro
Levo meses sen editar un vídeo, pero non deixei de tomar apuntamentos coa cámara, co móbil e co que tiña a man; e cando xuntei toda esa forza atlántica no disco duro xa non tiven dúbidas: north west.
Tamén en Vimeo [aquí]





Un “totum revolutum” ben estudado. Impresionante o solpor, a cercanía do mar, a sensación apracible… e ese desacougo de querer seguir dentro cando xa rematou…Seguro que hai material para unha segunda parte, que o northwest dá para moito.
Fermoso.
Noraboa unha vez máis, Xosé!
Ti sabes que a auga salgada oxida as chaves?
Precioso!
Este traballo fíxome saír do letargo.
É impresionante a calidade de imaxe que ofrece a versión que subiches a Vimeo. É a mesma que a de YouTube?
Grazas por todos os comentarios, sempre tan xenerosos.
Respondo a pregunta que me deixa Áptera (por certo, quen vés sendo???). A versión que subín á conta de Vimeo é exactamente a mesma de YouTube. O que pasa é que a plataforma Vimeo dá un pouquiño máis de calidade, bastante apreciable cando se reproduce en HD e en pantalla grande. Ademais, non mete anuncios, o que tamén se agradece.
Áptera, non me negarás que Xosé estivo “sembrado” no de: “por certo, quen vés sendo?”
Simplemente xenial!
…
Alégrome moito da lectura visual deste vídeo. Cando recibín o aviso no correo, fun velo e intentei escribir algo, pero non respondía. Inténtoo novamente e déixoo aí. Simplesmente delicado e ben realizado; cargado de feixes de feno e morriña…
É coma eu o vexo…
Breves
pois a ver se non temos que esperar meses para ver o próximo!
tantas caras da nosa galicia neste video! do carro de vacas á autoestrada, do verde do interior ao azul da costa; as motoras e as lanchiñas, os cemiterios abandonados, algúns tipos tan nosos…
pero queda aínda moitisimo north west que recoller co ollo da túa cámara, mostrado coa túa mirada… das terras chas á montaña; mozos e vellos, mulleres con mandil e postmodernos;
(e veremos cachóns abríndose de novo á primavera?. nunca me cansan esas imaxes)