post

bosta

Ese mércores volviamos de Pontevea de facer a compra. Ao chegar a Gondelle, xa a un pasiño de Cachóns, deille un toque moi lixeiro ao volante. Que raro atopar bosta agora!, estrañouse meu pai. Eu nin reparara niso, por suposto, pois tan só modificara a traxectoria para evitar a salpicadura. Un puro acto mecánico, en definitiva. Nese momento souben que aquela pouca bosta ciscada pola estrada lle traía a meu pai a emoción dun tempo de pastorear vacas, de estrar as cortes, de apañar a herba e o molime, de decruar e de arrendar, de estender bosta na eira para a malla das fabas -as fabas para nós sempre serán ervellas-, de mil e un traballos que xa ninguén fai.

 

Tamén en Vimeo [aquí]

Comments

  1. …Non corta a pataca, a raspa…
    Un xeitoso video e cheo de saudade
    Saúde e Ceibedade…d:D´
    Deica

  2. Un vídeo precioso, delicado, elegante. Chegoume a través da pantalla o arrecendo das margaridas e sentín que me empapaba a auga mansa da chuvia…. e que se paraba o tempo. E seguramente así sexa porque polo patrón non pasa un aniño! que ben está!

  3. Eu tamén quería ter un Pedro que me fixera ratiños de pataca.

  4. Avatar de pitimapitim pitimapitim says:

    Fermoso!!!

  5. Avatar de xdafonte xdafonte says:

    Houbo quen me preguntou que quero dicir cando falo “de estender bosta na eira”. Aclaro que non é ningunha metáfora. Cando chegaba o tempo da malla, collíase bosta e botábase nun caldeiro. Despois engadíase auga e remexíase ata que quedaba unha pasta bastante líquida que se estendía pola eira. Ao secar a bosta, a eira parecía asfaltada. Nesa superficie lisiña e doada de barrer facíase o labor da malla.

  6. Precioso vídeo. A pataca pareceume simpatiquísima.

  7. Felicidades para Pedro no día de hoxe!

    O biscoito de San Pedro”

  8. Eu tamén aínda estou a tempo de felicitar a Pedro e como dicían os nosos antergos “de hoxe nun ano”. Parabéns para Pedriño.

  9. Eu xa non cheguei a tempo de felicitar o Sr.Pedro, pero aínda que vai con moito retraso, aproveito para facelo. A verdade e que non pasa o tempo por él. Gustoume moito o da pataca, e o modo de tratala, vese que e un home moi coidadoso.
    O vídeo e estupendo, pero o que máis me gustou foron os paxariños voando, como os collíches en pleno vuelo. E algo espectacular e fantástico! e como non sigueme fascinando o movemento que fai o aire cando pasa por entre as flores, ou a auga que se move.
    O da “bosta” na eira e moi certo, eu non o vivín, sólo recordo as “mallas” pero meus pais sí que se acordan e falan as veces de este tema.
    Noraboa coma sempre Falabarato. Un saúdo, Mari de Piloño.

Trackbacks

  1. […] imaxes deste video poden parecer un intento de plaxiar o que colgou Falabarato onte no seu blog. O feito de ser gravadas no rural, a tan só 30 km. de distancia un do outro e […]

Deixar unha resposta