Na sobremesa acabamos falando do feísmo. Soe dicirse que as comparacións son odiosas, e ata pode que sexa certo, pero ningún dos presentes era quen de evitar ceder á tentación de cotexar o que nos salta á vista por estes pagos co que pode verse noutras zonas do norte peninsular. Lembrei a miña viaxe primaveral á zona rural de Euskadi, un exemplo de intervención urbanísitica harmónica e respectuosa co hábitat, e pregunteilles aos meus acompañantes polas razóns de tan clamorosa diferenza. Eles, que son ben máis racionais do que son eu para estas cousas, puxeron sobre a mesa algunhas explicacións ben fundamentadas en cuestións históricas e demográficas.

o 68
03/08/2012 por 3 Comentarios




“Feísimo” achado!!
Quen sabe se o artista creador o concebiu como unha obra de arte (a base de formigón, dous bloques a modo de contrafortes, só lle falta unha chapa de uralita como tellado… Menos mal que a cor verde do buzón, harmoniza coa paisaxe!)
Feliz verán, Falabarato!
A Atracción do Abismo, exactamente iso!!! E a Vocación Suicida, engado eu.
pois non sei… eu ao ler “68”, xa só pensei que a ese número lle segue o “69”…