O día 24 de maio tivo lugar en Silleda a gala de entrega de premios da terceira edición do Videoghit, un certame que organiza a xente do IES Pintor Colmeiro e que fomos seguindo na web eticolmeiro.com.
As nominacións e os premios estiveron bastante repartidos, pero houbo un traballo que causou sensación. Aquí o tes.
Para os e as moi fans deixo este resumo da gala





Parabéns a tod@s os participantes na gala. O vídeo gañador deixoume sin palabras, e ESPECTACULAR!! O actor que representa o preso, e estupendo. Coordina moi ben os movementos, as expresións….Nótase que se desenvolve con soltura e que disfruta interpretando. Desde logo tamén os seus compañeiros fan un bo traballo, xa que é unha colaboración en conxunto cun magnífico resultado.
Noraboa tamén para os presentadores pola súa naturalidade e simpatía. Tamén hai que citar o/a guionista que sempre preparan unhos guións alegres e moi entretenidos.
E finalmente, gracias a Falabarato por achegarnos estes vídeos que nos fan disfrutar.
Un saúdo.
Mari de Piloño.
O da gala vereino mañá, que é tarde, pero o traballo dos mozos que dis que causou sensación, non me estraña. Es´tá moi ben. (o prota, xenial) Quería dicir algo agora, así en quente e sen reflexionar. Algo como non sei qué,
como a escolla da canción.
como transmitir toda esa violencia…
Deixoume cavilando.
Unha xente tan nova e ISO foi o que quixeron facer. Si, a min dame que pensar.