Para todo fai falla ter maña. Eu non a tiña de neno para estoupar os estalotes e creo que non a tería nunca para facer unha tarabela con xeito…
Pode lerse no Dicionario da Real Academia Galega que unha tarabela (nós chamámoslle tabenla) é un trebello para espantar os paxaros, xeralmente con aspas que baten contra un obxecto metálico, e fan ruído ao seren movidas polo vento.
Tamén en YouTube [aquí]





Desde logo que hai que ter maña para facer a tarabela cómo nós lle chamamos aquí, parece moi complicado. E máis fácil estoupar os estalotes. Moitos teño estoupado de nena, cómo me gustaba!!.
Sorprendeume moito a maneira de regar o cebolo. Miña nai dí que así aguanta máis a humedade na terra e que ela recorda facer así cando era máis nova. Ahora regamos ca mangueira no pé. Claro, depende da distancia de onde esté plantado o cebolo e a auga.
Tamén me gustou o debuxo do tirador da porta, e moi orixinal.
Parabéns a estes traballadores que nos enseñan e non permíten que se perdan estas costumbres.
Noraboa Falabarato unha vez máis.
Saludos.
Mari de Piloño.
O Domingo aínda che me entrou o “mono” e estoupei unha chea deles. Recoméndollelos ós estresados e a eses que non poden reprimirse cando ven o plástico de burbullas que protexe algúns trebellos delicados. É unha auténtica gozada! Que ben saen no vídeo acariñados polo vento…O traballo pausado e rítmico de Pedro e Esther lembra máis ao Nirvana, ese estado de felicidade supremo, libre de tensións, que á apocalipse que penduraba da árbore…
Como sempre, un traballo impresionante e delicado onde con moi parecidos recursos saen puntos de vista e situacións totalmente novidosas.
Noraboa!
Teus pais, os dous coas súas chaquetiñas azuis, sentados diante da porta mirando cara a eira, semellan estar recoñecendo con satisfacción que a terra responde, ano tras ano, ao seu traballo.
Foi un gusto ver o video.
Esa árbore case vencida…E lembro que, cando eu estoupaba estalotes, eles, todos eles, aínda estaban aquí pero sei “que volverán a mi huerto y a mi higuera por los altos andamios de las flores”.