post

Vodas de Prata

O penúltimo día das miñas vacacións, trinta de agosto, paseino en Asturias. Alí asistín, en calidade de amigo e cameraman, ás vodas de prata de Manolo e Maricarmen. A celebración fíxose cadrar coa romaría que todos os veráns ten lugar na Pena das Paleiras, en Oscos. Xantamos no Ventorrillo, que xa pertence á Fonsagrada.

Recollín case tres horas de imaxes en vídeo, moito máis do que acostumo gravar, das que che ofrezo unha escolma.

Se queres ver este mesmo vídeo en YouTube, fai clic na opción VER VÍDEO EN ALTA CALIDAD (dispoñible na esquina inferior dereita da pantalla de vídeo, xusto debaixo do rótulo REPRODUCCIONES).

post

Nova casa

Hai xa varios días que non dou accedido ao meu vello blogue e dame algo de mala espiña… tanta que decidín habilitar unha casiña para irme mudando pouco a pouco.

O meu [vello] blogue estaba nunha plataforma xa anticuada, a que ofrece ya.com, polo que espero que en WordPress vou atopar un aloxamento mellor.

Para acceder, xa sabes: http://www.xose.org ou http://www.ofalabarato.com

Considérate na túa casa.