Sospeito que a principal razón pola que mercou o ordenador foi a de poder ver todo o porno que habita en internet. De feito, cada vez que me trouxo o portátil para que llo revisase atopei infinidade de ligazóns e descargas de contido pornográfico. Eu miraba para el, un señor de setenta anos con pinta de ter aínda algúns máis, e sentía o impulso de adoptar o rol de xuíz moral para tirarlle da lingua e bromear con el.
[Nota/ Daquela non me daba conta, pero agora sei que ese papel que eu asumía bebía na fonte dalgúns dos prexuízos cos que fun construído; por enriba de todos, este: o tabú da sexualidade dos vellos, a repulsión que se nos “ensinou” a sentir polo seu desexo].
O certo é que el case nunca entrou ao trapo dos meus comentarios, que despachaba cun lixeiro sorriso mentras continuaba mirando a pantalla. Seguiamos traballando ata que empezaba a recoller as súas cousas e se despedía dicindo que chegaba tarde á súa misa diaria. Ás veces eu aproveitaba para apretalo un pouco e preguntáballe se o seu confesor estaba ao tanto das súas aventuras informáticas, pero o home zafábase do meu acoso cun sorriso beatífico e daba moi ceremoniosamente as boas tardes antes de saír para a igrexa.
Un día intentei poñelo nun apuro e pregunteille directamente se o porno de internet é pecado. Mirounos desde a porta, esbozou o seu sorriso de vaicheboa e puxo sobre a mesa un argumento definitivo: “Se está aí, á vista de todos, non pode ser pecado. Se fose pecado, digo eu que non o permitirían”.





Máis sabe o Demo por vello que por Demo.
E, ás veces esquecemos que o demo tamén foi anxo…
Esto de internet debe ser coma os grandes almaceis, hai tanta variedade, últimas novedades….
haberá quen vai soamente unha vez á semana, ou ó mes…outros “una vez y nada más S. Tomás”, quen non sae dalí pese a ter o carro valeriro. E logo os das compras compulsivas que pillan o que sea….os que se negan en abandoar a tenda de toda vida; como é de confianza… o ideal sería …ummmm que sería??
-Y si no queda satisfecho le devuelven el dinero-
ja!, talvez outro prexuízo??
E logo ese homiño ten o lugar de traballo na igresa?
de non ser así ten un problema.
Un bico :))
Pois agora que o dis, misterios@ H, este homiño exerce esporadicamente de sacristán. É un bo exemplo daquelo que nos dician de “que a túa man dereita non saiba o que fai a túa man esquerda”. E non entrarei en detalles…
Pois mire vostede, don Xosé, xa teño curiosidade por saber a quen lle dedica o artigo, indagarei por estes mundos de Trasdeza.
Un día de xuño estabamos inaugurando un pantano castrexo e alguén falou de vostede ¿e sabe que destacou? A elegancia con que trata á xente ingrata que merecería desprecio. Non digo que sexa o caso deste home pornografico.
Hoxe despacheime, xa ve
ah, pois a min cádrame todo! Con esa edade o home viveu os tempos onde “todo estaba prohibido”, o que estaba prohibido non se exhibía públicamente -parabas no cárcere, ou peor-. O que estaba prohibido “era pecado” -Iglesia e Estado sempre agarrándose da p…-
por tanto: se algo se exhibe públicamente non está prohibido,
logo, se non está prohibido non é pecado.
Sinxelo.
🙂