Ao remate dunha intensa sesión de traballo anotei no meu caderno de tapas verdes unha proposta cinematográfica: Onde viven os monstros. Pasaron uns días ata que me puxen a buscala. Descarguei unha versión en DVD e deixeina na lista de espera.
Onte vina pola noite e, tal como agardaba, comprobei que moitos daqueles monstros son vellos coñecidos meus, do mesmo xeito que tampouco me é allea a áspera illa que os acolle.
PS1/ Se queres saber máis desta película, podes empezar por ler o que conta Nacho Vigalondo.
PS2/ Se queres unha copia, aproveita e pídema. Intentarei facercha chegar. Vai en serio.





Excelente película! Tíñaa pola casa e vina hoxe pola mañá. Grazas pola recomendación.
Confeso que sempre fun (son) moi cagueta, e polo tanto gustanme ben pouco os monstros. A túa proposta encheume de incerteza, porque o mesmo tempo
seducíame a idea de ver a peli. E… rematei agora mesmo.
Está claro que cos monstroiños máis vale levarse ben e entendelos. Non importa a idade. Gustoume.
Doblemente grazas e biquiños.
Onde viven..? Ggg, as veces pegados a un, mmm, non me gustan nada! Ainda que se cadra é cousa de deixalos e coñecelos, máis que de asustarse” e escapar.
Non coñezo a película, será o primeiro que terei que facer. Veselle ollos, cara de bo a ese cachiño que asoma arriba, seguro, son todos así.
A peli xa a conseguín… Buscarei un oco para vela e despois oipnarei.
Grazas pola suxerencia, don Xosé.
PS/ Agora que ata suben os prezos dos “chuches”, os rapaces terán máis preocupacións…, xa me entendessss; e máis monstros;))