Un domingo caluroso de xullo. Érgome cedo para quitar de diante un traballo tedioooooso, pero a media mañá poño as zapatillas coloradas, collo a Sony e vou ver como anda o mundo.
PS/ Chégame un correo dunha experta en frisonas no que me di que se alegra de que poña Música con algo de marchiña… por fin!!!! Xa lle respondín que, por moi estranxeiro que soe o nome de Hanom Ausse, esa musiquiña é made in Catoira.





Creo que só andei unha vez por chan Tilolandes. Daquela pareceume un lugar apacible, con comodidades
para vivir ( entón descoñecía que residías aí, agardo volver e ser un pouco máis cotilla )
Esa costume de “decorar” exteriores da pena e vergoña… coñezo xente que puxo bañeiras vellas no xardín convertindoas( eso dín ) en piscinas paos paxaros!!
Nótase ben que por aí non patrullan os amos da “frugoneta” aquí se te descoidas un pouco e non amarras ben as cancelas arrámplanche con elas
(mólalles: el ferro y la ferralla)
Estes paseíños -guiados- prestan moito e ben
BICOS.
H, aquí mesmo nos Tilos hai unha fregoneta que ata hai pouco levaba este rótulo: “SERRECOJECHATARA”. Ata unha foto lle fixen, por suposto. A verdade é que a única explicación de que non se fagan cargo de tanto ferro é porque perciben que se trata de auténticas obras de arte industrial.
Xa botaba de menos estes paseos e á túa arte para conxugar os elementos harmónicos e discordantes que vas atopando polo camiño. Esa é a paisaxe que temos, ti amósala tal cual. Grazas. Agardamos máis paseos de verán e con bo humor.
Unha aperta.
Aura, para min todos os elementos son harmónicos… 🙂
Boas vacacións.
…mmmm… debo confesar unha certa envexa por te poder expresares así de ben coa cámara na man.
¿leva moito tempo aprender? ou tén un que ter un don?
encantoume esta visita guiada polo enfoque da túa mirada.
e de verdade o grupo é de catoira?
moito aprende un saíndo da casa!
🙂
boa finde!
Hoxe non é moi difícil traballar en vídeo, Zeltia; tampouco tan caro coma antes. Basta cunha camariña medianamente xeitosa e cun programa de edición. A maioría dos meus traballos están gravados cunha Sony CX105E, unha máquina tan pequena que se leva case no peto. Para outras cousas máis serias (o lipdub, por exemplo, ou os vídeos de Bótame na Pota) uso unha cámara máis grande e con especificacións máis próximas á calidade profesional. De todas formas, donde creo que está o miolo é no software de edición, do que hoxe hai moita oferta. Eu sonlle fiel a Adobe Premiere e agora estou usando case sempre a versión CS4, pero xa digo que hai moitas aplicacións que permiten facer as cousas básicas que se precisan para darlle forma á gravación e publicar o resultado.
Ah, e o Hanom Ausse este si que é de Catoira.
Aburiño.
Sony CX105E, Adobe Premiere versión CS4 xa soa coma moi profesional para min! 😉
detesto ter que aprender a manexar novos programas de calquera cousa,
mais o que algo quer algo lle costa, e cando o desexo sexa máis grande ca pereza,
sen dúbida heime por a aprender,
é un medio de expresión que me gusta, que creo que me adaptaría a él… (ou él a min)
Un saúdo despois da media noite.