post

Boys e antiboys

Estabamos despedíndonos ata setembro e ela falábame dos seus plans para estas vacacións. Contoume que irán, coma sempre, un par de semaniñas a un apartamento das Rías Baixas porque, entre outras cousas, os rapaces queren ir alí. Tamén me dixo que lle gusta tumbarse na area e poñer o piloto automático. Deixarse levar.

Ás veces quedo prendida dunha conversación dos veciños de toalla, non te creas, e sígoa con interese ata o remate.  Mira, un día estaba na praia de Cabío e á beira miña había unha parella. El dicía que había pouco tempo que se lle casara un amigo e que estaba entre os convidados. A moza do amigo, que seica é moi mandona, presentóuselles aos colegas do noivo mentres estaban dispoñendo a despedida de solteiro e díxolles moi claramente que fixesen o que lles parecese, pero que nada de tías saíndo dunha tarta, despelotándose ou cousas así.  Eles colleron un chisquiño de medo e decidiron facerlle caso. Fixeron a festa e un tempo máis tarde souberon que a despedida da noiva estivera amenizada por un boy negro. Cabreados, fóronlle pedir contas á noiva por aplicar tan diferentes varas de medir [e nunca mellor dito], pero ela xa tiña a resposta preparada: “Tíos, non comparedes! As strippers son todas unhas lerchas […], pero os boys son profesionais honestos e respectuosos”.

Nota/ Estiven curioseando pola rede e entereime de que un dos espectáculos que se ofertan para as despedidas de solteira son os antiboys. Aquí deixo un vídeo dun deles. Unha mina.

Comments

  1. Mentras pasmaba pró vídeo ía sentindo eso que chaman vergoña allea… ( serán prexuízos ou falta de costume ? ). Tamén lembrei un libro de Noe Martínez -A otra princesa con ese cuento- nel contaba ” con pelos e señales ” unha escea divertida e parecida pero con final desastroso.
    Nese caso celebraban unha despedida de casada,
    outra nova moda que seica os/as strippers están a explotar.

    Apertas :))

Deixar unha resposta