O meu avó paterno morreu cando eu tiña trece anos. Durante a súa agonía recibiu a visita de don Manuel, o cura da parroquia. O señor Pedro, que así é como lle chamaban daquela ao meu avó, estaba moi maliño e case non podía falar, pero sacou forza de non se sabe onde para contarlle ao cura unha anécdota local moi ben traída. Miña nai revive ese momento no vídeo que poño hoxe.





Ben pola relatora, que fixo unha exposición da anécdota moi boa. Todo isto lembroume á velliña que o médico Reimóndez(ben coñecido e de grata lembranza por terras do Ulla)visitou na súa casa porque non quería comer e esmorecía día a día. Cando ía poñerlle un reconstituínte por medio dunha inxección, a pobre da vella rexeitouna alegando que, se Deus noso señoriño estivera de acordo con eses inventos do diaño, xa as nádegas traerían feito o buraco para a agulla.
A lóxica aplastante dos nosos vellos, que tantas veces nos tapa a boca.
Noraboa, unha vez máis, e sempre, polos orixinais e fermosos vídeo-contos.
Unmmm…se houbese pillado ese platiño de leituga hai uns minutiños…..
Coido que ante tanta sinceridade ten que haber ben pouco ou nada do que pague a pena arrepentirse.
Non sei si don Manuel estubo o tanto do último desexo de Xoana , de ser así ( penso eu )non lle habería suposto moito levarlle un ” moletiño “.
Que regalía!!! debaixo desa viña, ó son da auga,
lembrando, pensando, falando… eso é VIDA.
Un sorriso grandón.
H,Hexa ou simplemente Anónimo:
Debes ser unha das persoas que máis comentarios teñen deixado por aquí. Non che ha de sorprender que teña curiosidade por saber algo de ti, unha curiosidade que comparto con outra xente que pasa por aquí e coa que falo “fóra de antena”.
Vouche pedir publicamente, desde o respecto e o cariño que merece alguén que sempre fai sentir a súa presenza, que nos fales algo de ti, que te presentes á túa maneira. Pode ser?
Unha aperta.
Que esa curiosidade chegue o punto de que me fagas esa proposta tan directa … pois si, píllame por sorpresa, non pensei que os meus comentarios despertasen ese interes , e pregúntome si eso é bo .
Cando se puxo internet na casa, non tiña nin pensado sentarme diante do ordenador..
ata que me din conta que podia buscar información de certo lugar, e aí apareceches ti. Non podía dar credo… e non sabes como me gusta ( esa debe ser a razón)
Eu solo:
” busco o modo de te acompañar sen estorbo ”
Bicos. Pode ser?
Qué ben o pasas coa cámara na man! quedei degoirando eses pementos, esa leituga… pero sobre todo esa sombriña debaixo da viña,
e ter unha mamá que me conte anécdotas.
snif.
fala un comentariasta do médico Reimóndez, miña nai levoume a él cando era pequecha. Acórdome da súa casa, onde tiña a consulta. O médico dos pobres
Que xeitosa é túa nai!
Por suposto que pode ser o que dis, H.
Hai dous días puxen unha especie de editorial na páxina porque sentía a necesidade de agradecer todas as colaboracións que fan que este invento funcione. Non nomeei a ninguén pero pensei en moita xente: de antes, de agora, de sempre. Non nomeei a ninguén pero tiña presentes moitos nomes e moitas caras. Non te nomeei a ti, pero non esquezo a satisfacción que me produce asistir ás lecturas tan orixinais que fas do que aquí se publica.
Hai un tempo teríame costado dirixirme a ti directamente, pero neste último medio ano estou mudando moitas cousas…
Un bico e moitas grazas.