O Falabarato é pouco playero, pero sempre hai almas caritativas que o manteñen ao tanto do que se escoita a ras de area. Un bo exemplo disto é este correo que acaba de remitir unha das maiores expertas mundiais en frisona, no que dá traslado dun cotilleo que escoitou na Lanzada:
Vouche contar un conto real que escoitei o outro día na praia.
Seica en Avilés había un profe que estaba casado pero tiña tres aventurillas extramatrimoniais.
Bueno, o asunto non sería demasiado sorprendente se non fose porque este profe estaba liado con tres veciñas (DÚAS IRMANS E A SÚA NAI). Toda a familia.. (esqueceume preguntar se vivía o pai… jaja)
Un tío valente….!!. Esta aventura supuxo que fose coñecido practicamente en todo Avilés co apodo de “pico de oro”.
A circunstancia de que a vida extramarital deste venerable profesor se desenvolvese nun hábitat tan pechado leva a pensar que, dun xeito ou doutro, as persoas implicadas estaban todas ao tanto da situación. A miña dúbida é saber se constituían unha célula de convivencia rexida polos principios diso que agora chaman poliamor ou se, polo contrario, tan só se trataba dun xogo de infidelidades máis ou menos toleradas. Haberá que ir á Lanzada e poñer a orella se queremos saber máis.





Pois para ser tan pouco “playero”, moito te estás afeccionando aos cotilleos de “areeiros”… Ha,ha,ha!
Estou vendo agora unha serie (prestada de internet) “Big Love” que vai dun mormón que practica a poligamia (xa sabes que a súa relixión a fomenta, mais e o estado quén non a permite), así que o pobre home que “oficialmente” so ten a “primeira” muller, vese en moitas situacións realmente complicadas con tres mulleres que, ainda que creen na poligamia e fan rigurosos turnos e teñen os seus labores distribuidos según un escalafón, o home non penses tí que vive unha situación moi envidiable.
E, non sei por qué, me parece que na historia que contas, non todo había ser mel! moita muller, co complicadas que somos!
🙂
Isto demostra unha vez máis, que a realidade sempre supera á ficción