Antes esto estaba cheo de rapazada, pero a xente de agora non cría. É o Jesús quen así sentencia, co seu sorriso retranqueiro, pero podería ser calquera dos meus compañeiros de mesa. Moitos deles -e delas, sobre todo delas- superan con folgura os oitenta anos, pero aí están tan felices diante do seu prato de pulpo, a pesar das restricións impostas por médicos sen alma [Gústalles o pulpo, señores?, di con xeito un dos camareiros. Mozo, o pulpo está moi bo, pero se non lle botases picante tamén nos valía].
Se hai pulpo é que hai festa, e se hai festa é porque os veciños e veciñas de Parada (Silleda) así o decidiron. Razóns non lles faltan, porque só eles saben do traballo e da dedicación que hai detrás da restauración das fontes e dos lavadoiros da parroquia. Para Iván e para min foi un pracer ser convidados para documentar en imaxes o gozo colectivo.





A mellor horiña do día … para rutear por Silleda,
dende a miña silla xiratoria.
Disfrútase vendo a alegria que derrochan as cantareiras coas súas pandeiretas e co baile ,
festa rachada tamén co son das gaitas!. Basta mirar á cara da xente pa comprobar que ben o pasastes.
As fontes e os lavadoiros, son tan da nosa terra que merecen moita festa.
-Pero eso de mocear mentras se lavaba a roupiñá,non sei eu….
Apertas para dous, que como ben dis, desta non fixeches ti todo!! senón de onde ía saír ese ángulo tan bo?? (grazas Iván).
Ó final amosas o pulpiño…..mecachis!,
o da miña silla xa non mola tanto :)))
Parafraseando (haha!):Para nós é un pracer ser convidados para desfrutar das imaxes e do gozo colectivo que recollestes nesta reportaxe. Parabéns a Iván pola súa especial colaboración, os seus enfoques desde diferentes ángulos contribuíron a enriquecer o traballo, ben que se aprecia!!
Música, baile, alegría e o pulpo que non podía faltar na celebración.
Que gusto ver ás persoas das distintas xeracións xuntas, traballando e compartindo.
Como di a comentarista darriba, é un gusto ver as distintas xeneracións compartindo as celebracións da parroquia e disfrutándoas!
Que envexa me deron as pandereteiras ¿e estarei a tempo de aprender?, teño tan mal oído que nunca fun quen de aprender a tocar nada!
No tocante ao vídeo eu botei de menos ver máis imaxes das fontes, da auga; e que as fontes teñen algo de maxia para min. NOn é que lle sobre nada do recollido, gustoume ver a xente, cantar, bailar, tocar, as paisaxes que alumean de luz nun dia tan brillante.
E parabéns para a parroquia por ter esta iniciativa e facer ese esforzo.
bueno, trabuqueime no sitio onde deixar o comentario. sorry.
Había bastantes imaxes da auga, pero unha das cámaras tivo un pequeno percance e perdemos moito material. Serviunos para aprender para a próxima…
E por qué lle chamas pulpo e non polvo, co bonita que é a palabra?
Tés razón, Susana, e debería escribir polbo, pero aínda non oín a ningún galegofalante empregar espontaneamente esa palabra para referirse a este cefalópodo.