post

roedor

Remataba a década dos 90 e Falabarato foi chamado para impartirlles un cursiño de informática a unhas persoas que traballaban na administración pública. Como a maioría das/dos asistentes non manexara nunca un ordenador, as actividades que se desenvolvían eran elementais: prender a máquina, abrir unha carpeta, usar o rato e todo iso…

Falabarato nunca esquecerá a anécdota protagonizada por unha das asistentes que estaba a facer prácticas co rato. A muller tivo a mala fortuna de que o desprazou sen querer fóra da superficie da mesa e, como non sabía que facer ante tal imprevisto, optou por pedir instrucións a voz en grito, mentres mantiña o rato firmemente agarrado:

-Y ahora, ¿qué hago con el conejo?

Comments

  1. Que cousas che pasan. Pero, a confusión dela tamén te confundiu a ti, non si ??
    Tivo que ser todo un espectáculo……….

    • Avatar de xdafonte xdafonte says:

      Aquelo foi unha festa tan pronto a señora dixo o do coello. O certo é que este detalle é do único que me acordo daquel curso que me tocou dar…

  2. Sempre me preguntei por qué se lle chamaba “ratón” (non me sae “rato”, -ainda me sae antes mouse-)
    os primeiros mouses que tiven non lle vía eu moita forma de rato… pero hoxe, grazas ao coello da túa alumna, fun buscar en google, e resulta que sí, que é pola forma. Puxéronlle ese nome no equipo de traballo da Universidad de Stanford onde o inventaron, era de madeira, con umhas rodiñas, e saíalle un cable pequecho que lembraba o rabo dun rato…
    pois 30 anos ten xa o rato.

    para min que a señora era de natural simpático e quixo facer unha gracia ¿non pode ser?. -mira que as señoras témosche moita sorna-

    bicos

  3. Avatar de Descoñecido A Contramuleta says:

    Xa sei que é un comentario burdísimo (pero un non pode renunciar á súa natureza), pero supoño que o profesor tería unha boa cenoura para darlle.

    • Avatar de xdafonte xdafonte says:

      De primeiras, o seu comentario si que se pode considerar burdo, por moito que vostede diga que está sendo fiel á súa natureza.
      Despois, ao pararme un pouco, xa empezo a matizar. Véñenme á cabeza aquelas cancións de antes, aquelas que tarareamos de pícaros e que dicían cousas ben tórridas.

      Aquí Rocío Jurado:
      Si amanece y ves que estoy despierta
      porque de tu amor aún no estoy llena
      ámame otra vez, ámame otra vez
      con las mismas fuerzas de la primera vez.

      Por aquí a Pantoja:
      Hazme tuya una vez más, amor,
      quiero llenarme de tí, igual que ayer.
      Que se repita esa noche.
      Tiéndeme en la arena,
      en la misma playa de mi Cartagena.

      E conclúo: se estas respetables damas cantaban estas cousas e ata os ministros as ían ver aos concertos, que hai de burdo na súa cuni-metáfora, Contramuleta?
      Queda exculpado.

  4. Avatar de Silledense Silledense says:

    Eu tamén creo que a señora quixo facerse a graciosa e quen sabe se obter algo máis do señor Falabarato…

  5. Non é por levar a contraria pero penso que a señora, alumna principiante no mundo da informática, agobiada por non saber que facer co “mouse”, foi vítima da trampa do subconsciente e confundiu o nome do animaliño. Os ratos, normalmente, non son moi queridos nas casas. Ademais, hai moita xente que pensa que tamén o coello é un roedor, inda que non o sexa; será polo xeito de roer as cenorias? Xa escoitara a anécdota antes e boa gracia que me fixo; quen me dese presenciar a escena no seu momento! Sen estar no sitio do profe, claro.
    Falabarato, A Contramueleta… e voso humor “metafórico”… Vaia par de douss!
    ;))

  6. jajaja
    qué bueno

Deixar unha resposta