-Creo que sempre é mellor falar as cousas con calma, chegar a acordos…
-Por suposto que si. Eu estou sempre polo diálogo, pero cando me atraveso collo un coitelo e abro a un home pola metade…
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]

-Creo que sempre é mellor falar as cousas con calma, chegar a acordos…
-Por suposto que si. Eu estou sempre polo diálogo, pero cando me atraveso collo un coitelo e abro a un home pola metade…

| Mónica en Pasando do Facebook | |
| paideleo en uxío escribe sobre as terras d… | |
| bristolmania en xeografías [decembro 2018] | |
| Anónimo en habaneras | |
| Anónimo en once corais en Ribadumia | |
| marsanpilo en un canto en moaña, hei! | |
| marsanpilo en avilés | |
| marsanpilo en La questione della lingua | |
| zeltia en menú | |
| zeltia en noite de ensaio |

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Eu sempre fun máis de baixar sachos.
Oiches, tí coma miña nai! [baixoulle un sacho na cabeza á querida de seu pai]
É que tendo hábitos culturais propios, é inútil importar outros.
Eu de espetar galletas
Arredemo, si que debe andar ben armado o animaliño ese, que dimensións de coitelo….Fora bromas estos temas non me gustan nada. Teño eu un medio parente (co que como pouco, por sorte )que sempre remata as sobremesas coa “súa matanza, particular” el dí: si se me poñen diante maaatos a todos,- o Aznar, o Fraga, o rei e ata mismísima duquesa de alba…
E alaaa!! todos lle rin a gracia. Eu de debo ser a única, e non é polo que me importe a vidiña desa xente….
Ben sei eu que hai Gz moi arroutados. Algún ata o teño n miña casa, que máis podo dicir…
Esta conversa recordoume outra ben semellante que ocorreu hai un par de anos. Estabamos catro persoas, unha delas era Falabarato, o que intentaba chegar a un acordo, lembras? Tamén había un “arroutado”, seica partidario do diálogo, pero capaz de recurrir ao uso do coitelo se a situación o requerise…(según el).
Naquela ocasión, ao final, dialogamos e concordamos. Happy end!
Ogallá non houbese tantos arroutados, si. Mellor, se se pode, apartar deles.