post

omako basoa

As ramplas que levan ao Omako basoa (O bosque de Oma) estaban cheas de pozas.

 

Tamén en Vimeo [aquí] para librarte dos dichosos anuncios do YouTube.

Comments

  1. Avatar de bDeica-r bDeica-r says:

    Fai anos fun por alí, e pareceume unha idea boísma. Do que me lembro pola sua equivalenza e nese xeito enxebre que tiñan os nativos dás estepas, dás mesas dos centro da terra que vos Ianquis lles arrebataron a forza de fusil. Xa as fragas e as touzas sonche en se mesmas cheas de enconto; deste xeito humanízanse e reprotexense mais o ter unha considerazón de arte fundida. Neste caso os álbores marcados xa ou son eternos. O caso contrario é cando márcanvos pra serrar. Sonche cousas anacrónicas; comaos homes nacis que marcaban a outros pra lles ter controlados pro mal. Ou mundo do revés, ou mundo sen mundo é dun baleiro mortal.
    Dentro dun tempo e se mo permites farei uhna nova paxiña na que enlazarei ca tua. Pediríache a tua complacenza pra ese enlace. Grazas.
    O video de Vimeo, coma sempre, sen dúbida algunha, carralludamente bo.
    Deica.

  2. Que cousa máis …curiosa??? Non podo negar que me gustou este bosque animado, malia ser seguidora do “Hartismo” (Fartismo, sería en galego, pero se perdería o xogo de palabras “arte” “harto”), movemento que denuncia as moitas cousas absurdas e inxustas que se aceptan como normais.Non o coñecía e agradezo moito que viñera a parar ó Falabarato. Dende logo, entre o Cubo da Memoria, e esta preciosidade de bosque, non teño moita dúbida…Ibarrola xa me gusta un pouquichiño máis.

  3. Quen ía imaxinar que andarías por aquelas terras…
    Eu tamén quero un bosque de cores.

  4. Avatar de Descoñecido Áptera says:

    Que eu estiven alí!!! Fun hai un par de anos un día de chuvia e caín subindo esas ramplas das que falas. Todo quedou nunha boa cuada e coa miña cámara de fotos esnaquizada. Mira por donde que agora xa teño imaxes. Canta fermosura!

  5. Parece un monte de película, de fantasía… quedou moi ben o video. E noraboa como non, a magnífica presentadora, guía turística e interpréte Andrea. O vasco non e fácil de entender, pero entendin ben menestra, bacalao…. jajajaja. algo e algo,de fame xa non se morre non? Tamén falan español así que… malo seria. Eu estuven no País Vasco fai moitos anos, iba camiño de Francia e durmín na casa de meu tio, pero tuven pouco tempo para ver a playa da Concha e pouco máis. Eso sí, a idea e de volver, porque a invitación está feita.
    Gracias de novo, Xosé por achegarnos cousas novas.
    Apertas para Andrea e para tí tamén.
    Mari de Piloño.

  6. gustoume o vídeo, pasan os catro minutos nun suspiriño. tan ben dispostas as imaxes, conseguindo un conxunto harmónico, onde nada renxe.
    vino, ademáis, cunha curiosidade engadida: pasear a vista polos lugares onde estiveches.

    no tocante ao bosque, á obra artística, tiven sentimentos opostos…. iso de “pintar árbores” parece un atentado á natureza máis ca unha manifestación artística, Aque pinte na súa casa e tal. pero despois pensei naquelas pinturas prehistóricas; nesa comunión do ser humano coa natureza que o arrodea, imaxinei que se debe sentir sumerxido na magnificencia dun bosque coma o que adiviño nas imaxes, no medio da noite, no medio día co sol filtrándose entre as ponlas; baixo unha grande treboada cos tronos retumbando no monte… e todo se transformou noutra cousa moi distinta dunhas árbores pintadas de cores.
    o que sí debe resultar difícil sentir nada con toda esa cantidade de xente xurdindo detrás de cada árbore! o bosque, dende logo, estaba ben i>animado!
    (de ir eu algún día… xa sei cando non

    moitas grazas pola achega tan interesante!

Deixar unha resposta