Rodeamos o Anboto pola súa cara máis amable. Camiñamos durante varias horas e baixamos ao val para xantar. Algunhas ovellas levantaban o fociño uns segundos cando nos vían, así coma quen non quere a cousa, pero deseguida volvían ao pasto.
Na barra do restaurante tomamos uns zuritos e lemos a prensa. Na portada do Deia saía o alcalde de Bilbao declarando que confiaba en que a Virxe de Begoña lle axude ao Athletic na final da Copa contra o Barça.
Tamén en Vimeo, sen anuncios e con ese puntiño extra de calidade…
[vimeo 40379156 w=600&h=450]




a paisaxe é tal como eu a soñei.
a experiencia semella magnífica.
o video que nos mostras resulta fascinante, invita a velo repetidas veces ( fareino )
encantoume ver ás compañeiras camiñantes,
Andrea spikando aí en euskera déixame admirada.
– e, agora por fin, xa sei o que son “zuritos” –
[parece que recuperamos ao Falabarato que de novo produce videos preciosos, que estabas algo nogallán]
Precioso!!!
Grazas!
Grazas por este fermosisimo recordo de días inesquecibles.
“Bizkaia maite, atzo goizean ikusi zintudan soineko zuriz jantzia, buruan orlegi, biotzean sua…” (Amada Bizkaia,onte ao amencer, vinte vestida de blanco, verde na cabeza, lume no corazón…)
E moi bonito a paisaxe,e encantoume ver a Andrea que hai que ver como se explica e a Isabel que van moi ben preparadas para a montaña.
Noraboa unha vez máis Falabarato, e parabéns a Andrea polo seu euskera. Alegrome que disfrutarades, e o que se leva desta vida o final.
Ah, que peluda e esa ovella,mi madriña, seguro que non pasa frío no inverno!!
Unha aperta os tres. Con cariño, Mari.