post

Silleda: entroidos do século XX / 1

E para cando outro vídeo sobre Silleda?, me preguntaban recentemente nun comentario publicado nesta web. A resposta chegaba curiosamente ese mesmo día da man de Manolo do Avenida, ilustre hosteleiro e consumado equilibrista da capital do Trasdeza, que me fixo entrega dun vídeo VHS no que se recollen case dúas horas de imaxes dalgúns entroidos celebrados en Silleda hai xa ben tempo.

O meu traballo con ese material consistiu en dixitalizalo e editalo para eliminar, na medida do posible, os moitos erros de lectura que se producen durante a súa execución como consecuencia da avanzada idade do soporte. Volqueino a un arquivo e fixen unha proxección piloto ante silledenses de pro. Como vin que o asunto interesaba, tomei a decisión de ir montando uns cantos clips de arredor de dez minutos para ir poñendo aquí.

Aí vai o primeiro.

En Vimeo (máis calidade):

En YouTube:

post

Hai que ter estómago!

Hai cousas que, por moi noxentas que nos resulten, non podemos deixar de miralas.

post

Cenicientas, patadiñas, perdices

Ultimamente fíxome nas cousas que soño.  Algunhas ata as conto.

Versión ao natural

Versión tuneada

PS1/ O vídeo Galegando tráenos unha nova alegría ao gañar o premio do público no II Festival Audiovisual Galego OlloBoi.

PS2/ Que gusto poder felicitar a Pily nun día moi especial para ela! Desde aquí lle mando un agasallo virtual. Podería darllo nun soporte máis tanxible, pero non é doado encontrar este libro estes días. Terá que ser en PDF, vale?


post

Orgullo do galego

A mocidade de Silleda está orgullosa de ser galega e de ser en galego.

post

Votos para o Galegando

Hai cousa dunha semana dediqueille unha entrada ao lipdub que fixeron as mozas e mozos do IES Pintor Colmeiro. A min tocoume facer de cámara e subir o vídeo aos portais YouTube e Vimeo.

Todos agardabamos que o vídeo tivese unha boa acollida, pero non creo que ninguén contase con levar rexistradas máis de 4.500 visitas en dez días. Todo un exitazo. Tanto, tanto, tanto que ata nun comentario nos chamaron talibanes del gallego.

Onte puxose en contacto con nós un docente do IES Leliadoura (Ribeira) para convidarnos a participar no II Festival Audiovisual Galego-OlloBoi. Todos os detalles do certame poden consultarse na ligazón www.rodaxe.info. Hai varios premios en xogo, entre eles un que se outorga por votación en internet.

Xa o sabes, se queres que o Galegando teña opcións non lle virá mal o teu voto.

post

Arte

Na carballeira de Santa Minia, en Brión, atopará o visitante unha escultura evocadora.

post

Making Off

Hai uns días publiquei o lipdub do alumnado do IES Pintor Colmeiro (Silleda). Por alí andaba tamén Iván, que se dedicou a recoller imaxes do evento. Con elas fíxose este vídeo.

post

Lipdub

Non sabía o que é un lipdub ata que os de eticolmeiro me ficharon para facer de cámara no que eles montaron.

En Vimeo:

En YouTube:

post

Hiperlocalismo

Non é que ande un servidor moi ao tanto da actualidade política, pero hai elementos dese universo aos que non podo permanecer alleo, sobre todo se teñen que ver coa política local.

Como teense de pro que son,  levo unha tempada asistindo aos movementos de Armando Blanco, o que fora alcalde do meu concello durante dúas lexislaturas, para revalidar a súa condición de candidato do PP nos comicios do 2011. Cóntase que no partido non o queren… e eles saberán por que. O certo é que este home, unha das persoas con máis condecoracións que un sexa quen de imaxinar, volve dar mostras da súa mítica extroversión creando unha canle no YouTube.  Alí pode deleitarse o/a visitante, por poñer un exemplo, coas imaxes  da degustación dun cocido ofrecidas cun realismo que estremece, sobre todo se quen o ve pertence a algún colectivo anti-cárnico ou padece do estómago.

Voume permitir achegar unha idea para a campaña do ex alcalde: rescatar unha peza musical da Orquesta Compostela que leva por título Pasodoble de Cacheiras.  A ver quen contén a emoción cando o admirado Miguel Torres cante que en esta villa preciosa,  con todas sus maravillas, hay una casa famosa que conoce medio mundo: la casa de las tortillas.

Audio do Pasodoble de Cacheiras:

http://live.goear.com/sst5/mp3files/28042010/5bcdc7786f96fa70f6da8e8ce47a0e64.mp3″

post

Yamila

-Te voy a poner en contacto con Verónica. También es argentina.

-Ou sexa, que o tópico vai resultar certo desta vez…

-¿Cómo?

-Xa sabes, eso que se di dos arxentinos, que todos levades un terapeuta dentro…

-Bueeeenoooo, sí que hay bastantes, sobre todo entre los miembros de la comunidad judía.

-Lembro que un día lle preguntei a unha bonaerense moi faladora se cabía a posibilidade de que houbese persoas tímidas na Arxentina. Ofreceume un gran sorriso mentras sentenciaba: “¡Nooo! ¡Imposiiiibleeee!”

-Claro que hay personas tímidas, pero lo que les enseñan es otra cosa.

post

Akinator coñece a Feijóo

Desde as terras de Camanzo recoméndanme que probe Akinator, un xogo online que adiviña o pensamento. Dito e feito, como poderás ver no vídeo.

PD/ Grazas pola ligazón, Mari. Se che apetece, dá un paseíño pola web de Dimitri, o home que che dará cumprida resposta para resolver todo aquelo que che preocupe.

post

Cousas da informática

Decidiu cambiar o ordenador do despacho por un portátil. Ocupeime do trasvase da información entre os dous equipos, retirei o vello e puxen o novo. A CPU estaba tan desfasada que non lle vin aproveitadoiro, así que decidín que o seu destino sería o punto limpo. Iso si, antes deberei desenganchar o disco duro e inutilizalo polas bravas (non como os informáticos de verdade, que teñen aparellos ad hoc), para evitar que a información sensible teña ocasión de circular. Reservei o monitor, un CRT de 15″ aínda bastante ben conservado, porque me pode vir ben para resolver temporalmente unha avaría ou para darllo a alguén que o precise. Como me dixo miña nai un día destes, ao tempo que me poñía no coche unha caixa chea de ovos , “se ti non os queres, sempre podes facer feliz a un pobre”.

Cando xa estaba rematando o traballo veu a moza que se ocupa das tarefas administrativas, dirixiu a mirada ao monitor e transmitiume a súa preocupación pola posibilidade de que a persoa que o vaia usar acceda á información que había no ordenador. Expliqueille que a información está no disco duro, nunca no monitor, detalleille os meus plans para impedir o acceso a ela e creo que disipei totalmente os seus temores.

Aproveito tamén para comentar que o noso querido Iván realizou hai uns días o seu primeiro servizo como informático a domicilio. A unha amiga del falláballe a conexión a internet no ordenador de sobremesa e alá foi, armado cun cable que lle deixei e cun plan de actuación que trazamos en dez minutiños. Ao pouco de marchar chamoume para comunicarme que xa descubrira o fallo: “Meteron o cable no burato que non era”.