Copio e pego dun artigo de Brétemas de hai anos:
Queda alguén aí? [é] un documental sobre a grave e crecente despoboación no rural do interior de Galicia. A través da vida dunha aldea (Pedroso), na que máis da metade dos seus habitantes supera os cincuenta e cinco anos de idade, plásmase un problema que afecta a todo ese rural do interior galego, un extenso territorio que, se non se pon remedio, en poucos anos será un deserto humano. Para os veciños de Pedroso, a obra máis necesaria é un tanatorio, que os ten ilusionados a todos, a case todos…
Vin ese documental ao pouco de saír publicado en DVD e volvino ver unhas poucas veces máis desde aquela. Onte acordeime del cando paseaba con meu irmán pola beira do río Tella: aqueles camiños de antes que case non existen, aqueles prados que se fixeron monte, a delicada enxeñería de presas de auga e regos que xa non se anova…
A cousa é que me entrou gaña de compartir ese traballo, así que aí deixo a ligazón a Queda algúen aí? para quen lle interese.
PS/ O meu agradecemento á man amiga e exquisita que no seu momento me achegou o DVD. Vale máis tarde ca nunca, non?








Falaron