Estivo varios días sostendo unha dura batalla co teclado ata que conseguiu meter nunha folla o seu listín telefónico. Estaba orgullosísimo do seu traballo e cansouse de amosarllo a todo aquel que se lle cruzaba no camiño. Tan satisfeito estaba o home co seu folio que se me ocurriu facerlle unha proposta:
-Que che parece se corriximos catro cousiñas de nada, o imprimimos de novo e o levas a que cho plastifiquen? Verás que ben che queda.
Así se fixo. Á semana seguinte tróuxome o documento xa plastificado. O folio tiña un aspecto extraño, así como fofo. O plástico non se axustaba ao papel, bailaba darredor del. Pregunteille a que papelería o levara. Respondeu con naturalidade:
-Plastificáronmo na máquina de envasar os chourizos.





Falaron